Asemblea no Vicedo

Na asemblea de FEDEPEMAR que este ano celebrouse no O Vicedo o 26-01-2020, ademais dos asuntos habituais insistiuse nos recortes que nos queren impoñer e no informe sobre as capturas, onde a asociación de Baiona, presentou un novo informe elaborado por eles, moi documentado no cal recortan as capturas dos barcos de recreo a menos da metade do anterior informe feito pola Universidade de Santiago.

Tamen se falou das novas licencias que a Xunta anda a matinar, onde se fala de dar as licencias aos barcos. Outro asunto falado co representande da Xunta que nos visitou foi o problema de que os barcos de pesca recreativa, só poidan pescar do Orto ao Ocaso, o que xenera un problema a hora da pesca da lura, xa que a mellor hora para pescala e no axexo.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *