Arquivo para Marzo 2020

A Cultura que Conta

Jueves, 5 Marzo 2020, por marineros bouzas

Ca temática de “A Cultura que Conta”  o pasado 21 de febreiro o colexio CPI Arquitecto Palacios, celebrou o seu entroido percorrendo as rúas con comparsas. O desfile pretendia poñer en valor diferentes momentos históricos da cultura galega: A cultura castrexa; a romanización da Gallaecia; a chegada dos pobos xermánicos; os irmandiños e tamén o paso dos viquingos.

Paro o que solicitaron a colaboración de nosa asociación, e hai andamos cun barco tradicional, o chamado “carocho” na beira do miño portuguesa, e barco “anguleiro” na beira do miño española. Este barco convertido en barco viquingo foi a estrela da carroza, como podedes ver nas fotos quedou ben bonito.

O Enterro da Richa

Domingo, 1 Marzo 2020, por marineros bouzas

A Asociación Cultural Vila de Bouzas, organizou o premer Enterro da Rincha, este partiu da alameda, onde se cantaron unhas coplas reivindicativas, para non perder o espírito critico do entroido, de seguido a comitiva  recorreu as rúas da Vila ata a praia do Adro, onde o polifacetico Xurxo Souto foi o encargado de ler o testamento, de hai a RINCHA embarcou nun barco tradicional de nosa asociación Rumbo as Américas.


Esta web utiliza cookies propias para su correcto funcionamiento. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Más información
Privacidad