Cando en 1964, Staffan Mörling, despois de estudar os barcos das illas Feroe, visitou a illa de Ons, namorouse de Galicia e dunha galega. O seu libro “Las Embarcaciónes Tradicionales de Galicia” publicado en 1989, é considerado polos militantes da Cultura do mar galega coma nosa biblia, e contribuíu, enormemente ao desenrolo deste movemento en defensa do Patrimonio Marítimo, especialmente dos barcos de traballo dos galegos, (os barcos dos pobres) especialmeste da sua querida dorna, da que gustaba chamar a embarcación intelixente, pola sinxeleza de seu aparello e o ben que navega a vela. E non lle faltaba razon.
Seu entusiasmo pola defensa destes barcos levouno a participar na reunión onde se firmou a ACTA FUNDACIONAL DA FEDERACIÓN GALEGA POLA CULTURA MARÍTIMA, nesa acta, firmada en Cambados na Casa da Cultura, o 23 de Abril de 1994, figura sua firma, e seu DNI co numero 00231471.
A ultima vez que estibo en Bouzas foi visitando noso pantalan de barcos tradicionais o 25 de Setembro de 2011. Unha televisión catalana que andaba a sua procura gravou un reportaxe .
Na paxina 275 do libro “Las Embarcaciónes Tradicionales de Galicia” fala dos barcos de viaxeiros de Cangas-Vigo e Moaña-Vigo, e escribe. Fue una desas líneas de tranvía que me llevó a un lugar donde el gama de las antiguas embarcaciones locales parecía haberse presentado distinta. Había tomado el 6, y llegué a Bouzas. Era una tarde de a mediados de Diciembre de 1965, pero en un bar encontré no solamente una temperatura agradable sino también esa voluntad de ayudar y asistir del marinero gallego………
Que os bos ventos o acompañen nesta singradura.