Pois vai ser que si, a primeira vez que escoitei falar do “Colon Galego” foi a Filipo un patrón de pesca de altura que comandaba un barco que andaba ao marisco na costa de Africa, mais abaixo do ecuador, barco no que naveguei uns días dende Angola a Namibia, e nesa travesia o entusiasta e defensor da teoría Colon Galego, se explicaba con entusiasmo. Bastantes anos mais adiante a teoría sigue viva pois o relevo colleuno, Angel Carracelas, home de terra pero fillo dun patrón de pesca de altura co que tamén naveguei días en varias ocasións polas Canarias, Carracelas fillo, impartiu unha documentada conferencia na nosa sede en Bouzas da cal tedes un enlace debaixo, pero non coñecia esta investigación do peritaxe da cal tamén tedes un enlace. Todo parece coincidir en que Pedro Madruga e Colon eran a mesma persoa.
http://marinerosbouzas.com/page/12/
https://www.facebook.com/victor.fernandez.921230/posts/2975449135809979
D. Alfonso PHILIPPOT Abeledo, modernizador, profundizador e revitalizador da teoría do Colón Galego, e Mestre de todos aqueles que despois veñen seguindo a súa estela investigadora ten ben gañados os seus galóns de Mestre -no senso respetuoso e cariñoso de “Magister”- ós seus 88 anos recén cumpridos hai uns días, polo que non é de recibo que se practique o reduccionismo nin co seu apelido nin ca súa titulación, xa que como é ben sabido D. Alfonso Philippot é Capitán da Mariña Mercante Española, e sempre viu exercendo como tal despois de face-los días de mar (anos) de Piloto da Mariña Mercante, após de haber estudado a carreira de Náutica na hoxe en dia denomiñada Escola Técnica Superior de Náutica e Máquinas Navais da Universidade da Coruña. É simplista pensar que polo mero feito de atopa-lo dentro dun pesqueiro, xa ten que ser un tilulado de formación profisional náutico-pesqueira.