O próximo Encontro será en Moaña

A mariñeira Vila de Moaña presenta o XV ENCONTRO DE EMBARCACIÓNS TRADICIONAIS DE GALICIA. Onte no salón de plenos do concello moañés, presentouse o XV Encontro a celebrar na primeira semana de agosto do próximo ano, a mesa estivo presidida polo alcalde en funcións, a concelleira de cultura, o presidente da asociación Sueste e o presidente de Culturmar, os compoñentes da mesa, expuxeron que teñen por diante un novo recto que afrontan con ilusión, comentaron que xa contan con outras asociacións da vila para votar unha man e que queren que o próximo encontro sexa un evento destacado na vila.  Vos ventos para os organizadores.


Deixa un comentario