As dornas en Bouzas seguen a navegar

“Contra vento, maré e coronavirus” asi e o titulo da Ardentía nº12. Este ano raro, rarisimo, no que o virus nos privou das distintas regatas e concentracións, a flota tradicional non esta tan activa coma outros anos, pero os Mariñeiros de Bouzas, seguen a saír ao mar é ata se atreven a facer regatas de dornas, (pequenas regatas mais ben pachangas) pero coma sempre con moito interese en chegar os primeiros a meta. Pois si señor estivo ben bonita, e moi compititiva.

A “Nova Friña” entrou de primeira, a “Fuxe” de segunda e a “Madorniña” de terceira. Dende aquí aproveitamos para agradecer ao mariñeiro bar “O Dorneiros” que invitou aos participantes a uns petiscos.


Unha resposta a “As dornas en Bouzas seguen a navegar”

  1. Grumete Peixiño dice:

    Que gusto da ver que a chama da navegación tradicional segue alumeando, que recordos doutros anos nos que podiamos participar en terra ou navegando…

    Todo ha de chegar.

    Namentres, saúde e sardiñas!

Deixa un comentario