Arquivo para Octubre 2020

A batalla da pandemia

Martes, 20 Octubre 2020, por Corso

No “VII ACTO DE CONMEMORACIÓN” da Batalla de Rande, no 318 aniversario, a Asociación Mariñeiros de Bouzas, puxemos Rumbo a Rande cos barcos tradicionais para participar por VII ano consecutivo, na famosa batalla entre as escuadras anglo-holandesa e hispano-francesa que tivo lugar o 23 de outubro de 1.702. Nosos barcos volveron a ser protagonistas desta conmemoración.

Pois, como todo deste ano, pareceu un pouco raro, mentres ca representación, entre sables, cañonazos, as tracas de foguetes e os coloridos dos traxes dos soldados estivo ben bonita, co feito da limitación de publico, os distintos actos resultaron menos calorosos, inda así, con todas as precaucións que esixe o covi, a organización fixo un esforzo extraordinario, e a conmemoración resultou un éxito.