Promovido por CULTURMAR e financiado pola Conselleria do Mar da Xunta de Galicia, o fin de semana 30 e 31 de outubro un grupo de dos que navegamos nos barcos tradicionais, asistimos a un curso acelerado de carpinteria na nosa sede en Bouzas.
Sempre se aprende, o mestre carpinteiro comezou por unhas explicacións teóricas, comentando, cal e a carderna maestra, como se comenza a facer un barco tradicional, de onde se parte, como se trazan as cadernas, como se traza un bance, ou como se repara, como se fai un novo que esta en mal estado, como se escolle a madeira, como se corta como se fai unha plantilla como se pasan eses trazos a unha táboa nova para substituír a que esta en mal estado, ademais tamén se falou do mantemento dos barcos, e dos distintos materiais que hai no mercado para a protección das madeiras. Os que participamos no curso o consideramos moi interesante.