Inda que en terra, os paseos e terrazas, polo visto estaban a rebordar de xente, no mar pódese respirar sen mascarilla vos ventos, bueno mais ben demasiados porque na travesía que fixo “A Oleira” este venres 26 dende Bouzas a Porto Meloxo, pois ata chegar a Ons mar tendido con olas de 2,5 metros, navegounas con gallardía, despois ao abrigo de Ons mellor, pero ao pasar de Ons pra Norte, rumbo a Illa de Sálvora, subiu o vento, subiu o mar, subiron os salseiros e non quedou outra que baixar maquina para que non entrara tanto mar abordo e nos puxera pingando, pero foi bonito navegar.