Por fin novo mastro para “A Oleira”

Ao barco insignia de Mariñeiros Bouzas, había tempo que lle facía moita falta cambiar o mastro é outras reparacións que se foron atrasando polos problemas de financiamento.
Agora grazas a unha subvención da Deputación de Pontevedra, a través do Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico, por fin podemos acometer todos eses traballos.
O financiamento, fixo posible montar un novo mastro de pino laricio, montar novas velas, que co paso do tempo se cuartean e non cumpren súa función, así como actualizar equipos de seguridade e salvamento, o que sempre e necesario para navegar cumprindo cas normativas que esixen as Capitanías Marítimas.

Dende aquí queremos agradecer a Deputación de Pontevedra, seu interese na salvagarda do Patrimonio Marítimo, especialmente no apartado das embarcacións tradicionais galegas, que con tanto esforzo as asociacións que englobamos CULTURMAR estamos a defender.

 


Deixa un comentario