Arquivo para Septiembre 2021

Campamento da cultura mariñeira

Martes, 7 Septiembre 2021, por Corso

Entre o 23 e 0 27 de agosto, desenvolveuse en Moaña un Campamento de Fomento da Cultura Marítima e Tradicional. Este campamento, organizado pola Asociación Sueste, contou coa colaboración de Mariñeiros de Bouzas que participou durante os cinco días que durou o campamento co galeón “Coruxo” e dous tripulantes.

O campamento tiña por obxectivo achegar á mocidade de Moaña á cultura marítima, especialmente a oficios relacionados co mar da zona de Moaña (mariñería, carpintería de ribeira, marisqueo e acuicultura) así como á navegación nas embarcacións tradicionais.

A mocidade tivo a oportunidade de participar nas manobras de navegación, tanto no galeón “Coruxo” de mariñeiros de Bouzas, como no galeón “Eliseo” da Asociación Sueste.