Rande vence a pandemia

Cas debidas precaucións de aforo controlado, Rande vence a pandemia. No, VIII ACTO DE CONMEMORACIÓN, é 319 aniversario da Batalla de Rande, este ano si que, se puideron celebrar os acontecementos con amplitude, o programa repartido en dous fins de semana, nos ofrecía distintas actividades e representacións, gustáronnos moito os chirimbiques que había para delicia dos cativos, estes puideron gozar duns tíos-vivos de madeira impulsados pola forza humana, nada mais ecolóxico simple a divertido.

Este ano, pola mañan fixemos unhas navegacións dende o museo ata a banda do norte para o deleite de todos e para gravar unhas imaxes que xunto con outras vailles permitir facer un vídeo promocional do acontecemento. Nosa participación cos barcos tradicionais foi uns dos actos principais, onde nosos barcos o día grande da conmemoración descargaron os tesouros traídos das Américas, de inmediato desenrolouse unha batalla moi vistosa con tracas e canonazos. Nosos para-bens aos organizadores.

A Madorniña pecha a tempada de regatas

Organizada polos “Amigos da Dorna Meca” o sábado 16 de outubro celebrouse a ultima regata da tempada. A xornada estivo marcada pola chuvia e a falta de vento, feito que non impediu que quince dornas se presentasen ao evento, entre elas, a Madorniña de Bouzas.

A regata que parte da praia de Porto Meloxo, ten a particularidade de dar a saída cas dornas varadas na praia, coa vela abaixo, o leme na cuberta e o patrón na area. Este ano a organización permitiu vogar ata saír da enseada de Meloxo, onde logo de esquivar as embarcacións fondeadas, as dornas puideron izar as velas rumbo ao faro das pedras, a primeira marca. Logo de rebordar o faro e dirixirnos a segunda baliza, situada nunha batea fronte a praia Mexilloeira, o vento que tiñamos na popa apenas movía os barcos, polo que a organización decidiu acurtar o percorrido e rematamos tras o paso pola terceira baliza.

A Jalerna, seguida da Chunga e a Maraxe, foron as tres primeiras, quedando a Madorniña oitava. Finalmente e como sempre, os amigos da dorna Meca nos agasallaron con uns pinchos e un recordo da xornada.

Recaladas no camiño

Recaladas no Camiño é o titulo dun estudio que evalua a creación dunha ruta xacobea polo patrimonio industrial marítimo. Promovido por Fundamar, conta co apoio da asociación Buxa e da Xunta de Galicia.

Dende FUNDAMAR, informannos que dous grupos de recen titulados en distintas disciplinas, acompañados de un comité académico recorreran a zona da Ria de Vigo e Arousa, co obxectivo de facer un traballo de campo que lles permita propoñer a creación dunha ruta de patrimonio industrial marítimo pesqueiro no marco do camiño de Santiago, cales resultados  serán presentados no museo do mar de Galicia en Vigo.

A Fundación comentanos que lles parece interesante que o grupo coñecera o traballo que fai Mariñeiros de Bouzas, en canto a conservación dos barcos tradicionais, é a posta en valor dos mesmos a través das navegacións, así como as participacións nas concentración destes barcos, polo que solicitaronnos unha visita guiada a noso pantalan museo de barcos tradicionais, e navegar nos mesmos, e hai andamos.