A Madorniña pecha a tempada de regatas

Organizada polos “Amigos da Dorna Meca” o sábado 16 de outubro celebrouse a ultima regata da tempada. A xornada estivo marcada pola chuvia e a falta de vento, feito que non impediu que quince dornas se presentasen ao evento, entre elas, a Madorniña de Bouzas.

A regata que parte da praia de Porto Meloxo, ten a particularidade de dar a saída cas dornas varadas na praia, coa vela abaixo, o leme na cuberta e o patrón na area. Este ano a organización permitiu vogar ata saír da enseada de Meloxo, onde logo de esquivar as embarcacións fondeadas, as dornas puideron izar as velas rumbo ao faro das pedras, a primeira marca. Logo de rebordar o faro e dirixirnos a segunda baliza, situada nunha batea fronte a praia Mexilloeira, o vento que tiñamos na popa apenas movía os barcos, polo que a organización decidiu acurtar o percorrido e rematamos tras o paso pola terceira baliza.

A Jalerna, seguida da Chunga e a Maraxe, foron as tres primeiras, quedando a Madorniña oitava. Finalmente e como sempre, os amigos da dorna Meca nos agasallaron con uns pinchos e un recordo da xornada.


Deixa un comentario


Esta web utiliza cookies propias para su correcto funcionamiento. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Más información
Privacidad