Arquivo para 2022

DIA DO SOCIO

Miércoles, 21 Diciembre 2022, por admin

O Venres 30 a partir das 20.00 horas imos celebrar ” O DIA DO SOCIO” no noso local social da Asociación e queremos compartir un viño galego e uns petiscos a os que estades convidados. CONTAMOS CON TODOS VOS.

Bo nadal e os mellores desexos para todos.

NOVA TRAVESÍA DE MARIÑEIROS BOUZAS

Martes, 29 Noviembre 2022, por marineros bouzas

Na asemblea de Mariñeiros de Bouzas, que tivo lugar o 2 de abril do 2022, correspondía elixir unha nova directiva da asociación. Ao non presentarse ningunha candidatura, acordouse convocar novamente eleccións.

A asemblea na que se elixiu ao novo presidente e xunta directiva foi o 26 de novembro do 2022, téndose presentada xa unha candidatura diferente á que actualmente estába en funcións, polo que Mariñeiros de Bouzas iniciará unha nova travesía guiada polo equipo directivo entrante.

En canto a esta páxina web queremos facer un pequeno percorrido pola súa historia ata a actualidade, xa que a nova directiva marcará o rumbo que debe coller a partir de agora.

Con anterioridade a 2005, a web de Mariñeiros de Bouzas facíase eco das actividades da asociación, traballando con moito esforzo pero con uns medios moi elementais. Foi a partir do ano 2005 cando esta páxina web navegou noutros mares actualizouse en contidos, medios e con un formato novo.

A páxina web de Mariñeiros de Bouzas é un excelente arquivo das actividades desenvolvidas pola asociación nestes último 17 anos. Merece a pena revisar o arquivo do acontecido na nosa asociación e que ano a ano podemos atopar na dereita da portada da web.

En verdade que ollando este arquivo tomamos conciencia de que a nosa asociación é moito máis que un porto deportivo, tanto polo número de actividades organizadas ou nas que ten participado, como polo compromiso da nosa asociación coa pesca e náutica responsable así como co patrimonio marítimo e fluvial de Galicia.

A nosa asociación, como parte de FEDPEMAR (Federación Gallega de Pesca Marítima Responsable y Náutica de Recreo), así como de CULTURMAR-Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial desenvolveu e participou en infinidade de actividades relacionadas co cumprimento dos fins sociais marcados polos Estatutos da nosa Asociación, actividades que como dicíamos anteriormente merecen a pena recordar nesta páxina web.

Agradecer a Mariñeiros Bouzas a singradura compartida ao longo destes anos, permitíndome narrar o devalar desta entidade que xa ten vinte sete anos de existencia e moitas historias que contar.

Moita sorte á nova xunta directiva.

Patente de corso

O XVI ENCONTRO VAI SER EN SADA

Sábado, 22 Octubre 2022, por marineros bouzas

Informamos que, na asemblea xeral extraordinaria do pasado sábado 15 de outubro, foi aprobado por unanimidade o proxecto presentado pola Asociación Mariñeira os Patexeiros para organizar o XVI Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia, que se celebrará na localidade de Sada do 3 ao 6 de agosto de 2023.

Os colectivos federados en Culturmar, reunidos en asemblea o sábado 15 de outubro, decidiron por unanimidade ratificar o proxecto presentado pola Asociación Cultural Mariñeira Os Patexeiros para celebrar a decimosexta edición do Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia no porto de Sada entre os días 3 e 6 de agosto de 2023.

A proposta ven acompañada do apoio unánime da Corporación Municipal sadense e de diversas entidades da vila relacionadas co mar. Na presentación do proxecto Os Patexeiros destacaron as inmellorabeis características da Ria de Sada para a navegación, así como a ligazón histórica da vila coa cultura mariñeira, cuxo máximo exponente foi a frota patexeira que en tempos pasados abonou con este crustáceo os campos de toda a comarca.

Pola súa parte, a Xunta Directiva de Culturmar agradeceu ao colectivo a predisposición a asumir a organización do evento, que volta ás Rías Altas despois de 16 anos; desde que en 2007 a novena edición se celebrara en Ferrol.

 

Desembarco pirata en Cangas

Sábado, 15 Octubre 2022, por marineros bouzas

Os barcos da asociación, xunto con un barco de Sueste, volven a participar na recreación histórica do asalto a Vila de Cangas polas hordas de piratas turcos e berberiscos, no ano 1.617
O pasado domingo 9 pola tarde, os habitantes da Vila divisan os barcos entrando na baia, polo que empezan a organizar a defensa do pobo, as 18,30 os pitas atracan ao peirao de Ojea e desembarcan para facer todo tipo de atropelias roubar, matar e apoderarse da Vila.

A Madorniña na regata do marisco

Miércoles, 12 Octubre 2022, por marineros bouzas

O pasado sábado a dorna de mariñeiros  Bouzas “A MADORNIÑA” acudiu, xunto con vinteseis dornas máis, a cita organizada polos Amigos da dorna Meca para pechar a tempada de regatas.

Hai xa catro anos que as dornas non varaban na praia de Confín para comezar a proba, fronte a escultura da Maruxa.

Logo de chegar a primeira boia entre os últimos, a Madorniña foi gañando posicións para recibir o toque de bucina no duodécimo lugar. Desta vez gañou Abuelo Tucho, segunda Fuxe e terceira a Jalerna.


Esta web utiliza cookies propias para su correcto funcionamiento. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Más información
Privacidad