A traiñeira “VIGO CINCO” reparada

Dende aquí queremos agradecer a DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA, seu interese na salvagarda do Patrimonio Marítimo, especialmente no apartado das embarcacións tradicionais galegas, que con tanto esforzo as asociacións que englobamos CULTURMAR estamos a coidar é mantelas en activo para súa posta en valor.

Moi importante foi a reparación que levamos a cabo na traiñeira “VIGO CINCO” réplica fiel das traiñeiras de pesca que empregáronse no primeiro terzo do século xx en Galicia. A traiñeira “VIGO CINCO” figura nas diferentes guías sobre as embarcacións tradicionais de Galicia como unha embarcación singular.

A singularidade e interese desta embarcación como elemento do patrimonio marítimo radica en que:    

É a única embarcación desta tipoloxía que hai en Galicia. Polo que é representativa dunha época na que grazas a esta tipoloxía de embarcación, Vigo chegou ser o primeiro porto mundial en descarga de sardiña, favorecendo a aparición de diversas industrias relacionadas coa pesca.

A rehabilitación realizouse sen alterar os elementos orixinais, susbtituironse, tapas regalas, bancos, fogonadura do mastro de proa, táboas da cuberta de proa, gateiras, cintas de babor e estribor, decapado do casco, recravado, por ultimo aplicaronse fungicidas, lasures, imprimacións e patentes quedando lista para iniciar novas singraduras. 

Esta importante reparación foi posible grazas a unha subvención que nos concedeu a Deputación de Pontevedra.