Curso de iniciación nas embarcacións tradicionais

Como parte das actividades de dinamización das embarcacións tradicionais (en adiante EETT), que Mariñeiros de Bouzas ven desenvolvendo dende hai anos a través da súa Escola de Navegación Tradicional , xa está en marcha o 1º curso de iniciación á navegación nas EETT. Este curso consta de 8 sesións a desenvolver durante os martes dos meses de xuño e xullo.

Ao remate deste curso esperamos que os participantes teñan as nocións básicas para poder manexar unha embarcación tradicional a remo e vela, tanto de patrón como de tripulante.

O curso é gratuíto e está limitado a 12 prazas, que xa foron cubertas por colaboradores da Escola de Navegación.


Deixa un comentario