Arquivo para Julio 2022

Vila do Conde e Esposende

Miércoles, 27 Julio 2022, por marineros bouzas

Quedousenos atrás poñer neste escaparate nosa participación no Encontro de Vila do Conde (Portugal) que foi polo San Xoan, é tamén se nos quedou atrás poñer que estivemos en Esposende (Portugal) hai van un par de fotos.

Inchadiña Branca Vela 2022

Domingo, 24 Julio 2022, por marineros bouzas

Mariñeiros Bouzas non faltou a unha das citas máis especiais do verán para quen andamos nos barcos de madeira, a Inchadiña Branca Vela. Neste evento, remóntanse os rios Ulla e Sar até padrón en homenaxe á poeta Rosalía de Castro, figura inigualábel da nosa literatura que nos deixou entre o seu vasto legado estes fermosos versos:

Que inchadiña branca vela
antre os millos corre soa,
misteriosa pura estrela!
Dille o vento en torno dela:
«Palomiña, voa!, voa!»

Cantares gallegos, 1863

Axudada pola maré enchente, a nosa dorna Madorniña uniuse a outras vinte embarcacións na remontada fluvial, que finalizou con unha solemne izada de velas ao son do Hino do Antigo Reino de Galiza e a unha ofrenda floral frente á estatua de Rosalía na alameda padronesa, rodeada de mariñeiras e mariñeiros remo en ristre.

Como sempre, temos que agradecer á organización a hospitalaria acollida e agarimoso trato dado ás tripulacións.

A regata do Salnés 2022

Sábado, 9 Julio 2022, por marineros bouzas

Na regata do Salnés 2022, a Madorniña, nosa dorna de nove cuartas, estivo presente en Cambados para participar na V Regata do Salnés, proba que deu comezo á Copa Mörling (Campionato Galego de Dornas a Vela) despois de que a Regata do Sepelo (Portonovo) tivese que ser aprazada debido á previsión meteorolóxica.

Un total de 27 dornas e outras 4 embarcacións acompañantes congregáronse para o inicio da proba, aínda que finalmente só 17 das mesmas conseguiron completar o percorrido. A pesar de que o mar se encontraba en perfectas condicións para a navegación, o forte vento racheado entre 11 e 20 nós provocou diversos incidentes.

Foi o caso da nosa dorna Madorniña, que se viu obrigada a abandonar a proba despois de partir a pá do leme polo medio no momento de dar a última virada.
O dominio das embarcacións da Illa de Arousa foi total, proclamándose vencedora a Pereka, seguida da Xarandeira e Jalerna.

Feira Náutica no Freixo

Domingo, 3 Julio 2022, por marineros bouzas

Rematou a 1ª FEIRA NÁUTICA DO FREIXO. Notase perfectamente que onde se celebra o ENCONTRO DE EMBARCACIÓNS TRADICIONAIS DE GALICIA, as semillas deixadas van dando frutos, no Freixo Outes, celebrouse o ENCONTRO no 2013, á asociación do Freixo creceu e as administracións entenderon que a Náutica Tradicional e un acontecemento atractivo.
Nesta Feira con mostra de barcos tradicionais en terra é a flote, con manobras de izado de velas en terra e no mar, mostra de carpintería de Ribeira, visitas guiadas aos estaleiros, mercadillo do mar, pasarrúas e outras actividades, foron unhas xornadas ben bonitas.

A Volta a Arousa 2022

Domingo, 3 Julio 2022, por marineros bouzas

NA  XXXVII Volta a Arousa 2022.   O día presentouse cun ceo de nubes e claros con vento frouxo de sudoeste que foi rolando para quedar de oeste, o que facía presaxiar que as condicions serían as mellores para a navegación.  Acudiron a cita vinte e oito dornas polbeiras e dúas de tope, que acompañaron ao resto en boa parte da competición.

Eran as catro da tarde cando soaba a bucina fronte a Praia da Canteira e a Madorniña completou a proba en 2 h e 45ˈ chegando na undécima posición.  As condicións do vento e o mar fixeron desfrutar tanto as tripulacións como o numeroso público que asistiu dende terra por toda a illa.

A Gañadora foi a Pereka, segunda a Jalerna e terceira a Nécora. A xornada rematou, como sempre, con unha merenda e entrega de premios na praia diante da escola da asociación Dorna.


Esta web utiliza cookies propias para su correcto funcionamiento. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Más información
Privacidad