A regata do Salnés 2022

Na regata do Salnés 2022, a Madorniña, nosa dorna de nove cuartas, estivo presente en Cambados para participar na V Regata do Salnés, proba que deu comezo á Copa Mörling (Campionato Galego de Dornas a Vela) despois de que a Regata do Sepelo (Portonovo) tivese que ser aprazada debido á previsión meteorolóxica.

Un total de 27 dornas e outras 4 embarcacións acompañantes congregáronse para o inicio da proba, aínda que finalmente só 17 das mesmas conseguiron completar o percorrido. A pesar de que o mar se encontraba en perfectas condicións para a navegación, o forte vento racheado entre 11 e 20 nós provocou diversos incidentes.

Foi o caso da nosa dorna Madorniña, que se viu obrigada a abandonar a proba despois de partir a pá do leme polo medio no momento de dar a última virada.
O dominio das embarcacións da Illa de Arousa foi total, proclamándose vencedora a Pereka, seguida da Xarandeira e Jalerna.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *