Arquivo para Agosto 2022

Días de mar en Moaña

Viernes, 12 Agosto 2022, por marineros bouzas

Dentro das moitas moitas e variadas actividades de “Días de Mar” en Moaña, están as actividades programadas pola Asociación Sueste, especialmente, súa XVII Xuntanza de Moaña 2022, que este ano celebrouse o sábado 6 e domingo 7 de agosto, con un tempo sin agobios de calor e cunha unha brisa tranquila, poidemos navegar moi ben.
Pero o destacable deste ano foi a especial atención cas tripulacións asistentes nas comidas, unha maravilla de mesas magnificamente presentadas con todo luxo de detalles, uns petiscos mariñeiros elaborados maxistralmente é os segundos pratos de cine. Parabéns a asociación e aos colaboradores que tan bo traballo fixeron.

Triángulo do Cantiño

Lunes, 8 Agosto 2022, por marineros bouzas

Triángulo do Cantiño, Homenaxe a Parada. A terceira regata da Copa Mörling de dornas a vela serviu como homenaxe ao que foi un dos patróns fundadores da Escola de Navegación Tradicional Dorna da Arousa, Parada.

O evento congregou na Illa de Arousa nada menos que 37 dornas e outras embarcacións tradicionais acompañantes, unha cifra realmente impresionante. Antes de comezar a competición, as tripulacións izaron as súas velas en lembranza do senlleiro patrón recentemente finado. Inmediatamente despois a frota partiu do porto do Xufre para internarse entre bateas en dirección ás Sinas e logo voltar completando o triángulo.

A dorna Madorniña da nosa asociación participou na proba, finalizando en décimo sexta posición. Mentres catro barcos da nosa flota estaban navegando na Xuntanza de Moaña.

Bueu no seu XXIV Encontro

Miércoles, 3 Agosto 2022, por marineros bouzas

Despois da pandemia, Bueu volve a organizar seu Encontro, este ano dedicado a quen foi seu presidente durante tantos anos. As 12 da maña do sábado 31 de xullo, frente a carpintería de Purro todos os barcos fondeados dedicámoslle un homenaxe.
Dende o Chasula un arpa antiga acompañada de guitarra soou en seu honor, de seguido uns barquiños de papel foron lanzados ao mar para que seguiran o rumbo do homenaxeado Victor Dominguez.
Os organizadores coma sempre, agasallaronnos con agarimo, ao que lles estamos agradecidos, ao tempo que lles damos apoio por súa labor de seguir mantendo vivas as tradicións nestes tempos tan difíciles.


Esta web utiliza cookies propias para su correcto funcionamiento. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Más información
Privacidad