Triángulo do Cantiño

Triángulo do Cantiño, Homenaxe a Parada. A terceira regata da Copa Mörling de dornas a vela serviu como homenaxe ao que foi un dos patróns fundadores da Escola de Navegación Tradicional Dorna da Arousa, Parada.

O evento congregou na Illa de Arousa nada menos que 37 dornas e outras embarcacións tradicionais acompañantes, unha cifra realmente impresionante. Antes de comezar a competición, as tripulacións izaron as súas velas en lembranza do senlleiro patrón recentemente finado. Inmediatamente despois a frota partiu do porto do Xufre para internarse entre bateas en dirección ás Sinas e logo voltar completando o triángulo.

A dorna Madorniña da nosa asociación participou na proba, finalizando en décimo sexta posición. Mentres catro barcos da nosa flota estaban navegando na Xuntanza de Moaña.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *