Semana cultural

Tal e como anunciamos nunha entrada anterior, os días 15 e 16 de setembro desenvolveuse a navegación nas embarcacións tradicionais da Asociación de Mariñeiros de Bouzas dentro da SEMANA CULTURAL PESQUEIRA NO CAMIÑO, organizada Por FUNDAMAR en colaboración con numerosas entidades, entre elas Mariñeiros de Bouzas.

A navegación incluía una parada fronte a fábrica de conservas e da baleeira de Massó, en Cangas, para coñecer algunhas cousas do mundo da pesca, a salazón e as conserveiras, industrias das que xurdiron a maior parte das vilas e cidades da Galicia costeira, especialmente na Ría de Vigo.

Non hai que esquecer que ao redor deste mundo da pesca e da conserva medraron outros moitos oficios e empresas complementarias, que xeraron numerosos postos de traballo: transporte e comercialización da pesca e das conservas; construción e reparación das redes; construción das embarcacións; fabricación dos envases para a conserva; litografía; obradoiros mecánicos.

Coa chegada do século XX, a pesca e a conserva medran en importancia e constante modernización, ata o punto que Vigo chega converterse no primeiro porto mundial en desembarco de pesca fresca.  

 

A Regata do Sepelo ultima da copa Mörling

XIII Regata do Sepelo.  O pasado sábado 24 de setembro celebrouse en augas de Portonovo a décimo terceira edición da Regata do Sepelo, que nesta ocasión ademáis constituiu a última proba da Copa Mörling de dornas a vela.

Acorde coa previsión meteorolóxica, a organización decretou a obrigatoriedade de coser un ris, o cal non evitou que a proba se convertise nunha épica batalla contra o potente nordés que dominou o campo de regata con fortes refachos e constantes roladas. Como dato ilustrativo, das 17 dornas presentadas só 7 conseguiron finalizar o traxecto. O resto retiráronse despois de envorcar, romper o aparello ou simplemente como medida preventiva.

Finalmente Fuxe, Pereka e Jalerna, por esa orde cruzaron a liña de meta conformando o podio da regata. A Madorniña de Mariñeiros Bouzas conseguiu tamén finalizar a regata, chegando en sétima posición despois de sufrir diversos percances.

O acto de clausura incluiu tamén a proclamación dos tres primeiros clasificados da Copa Mörling: Pereka, Xarandeira e Fuxe. Ademáis contou coa emotiva participación da familia de Staffan Mörling, que agradeceu a homenaxe ao seu legado que supón a organización desta competición.

Mariñeiros Bouzas e Fundamar

MARIÑEIROS BOUZAS  COLABORA COA SEMANA CULTURAL PESQUEIRA NO CAMIÑO.
Xa podedes inscribirvos á SEMANA CULTURAL PESQUEIRA NO CAMIÑO.
XACOBEO 22, organizada por FUNDAMAR entre o 12 e o 18 de setembro,
onde poderedes disfrutar dunha ampla programación de actividades gratuítas
relacionadas co patrimonio marítimo pesqueiro ao longo do Camiño de
Santiago, como visitas a portos, museos, obradoiros con mariscadoras e
redeiras, xornadas de navegación en embarcacións tradicionais, etc.
NON TE QUEDES SEN A TÚA PRAZA!!!
Programación cultural de promoción do patrimonio marítimo
pesqueiro ao longo do camiño de santiago. xacobeo 2022 e
inscricións en:
 https://www.fundamar.org/gl/ proyectos-publicaciones/ semana-cultural-
pesqueira-no-camino- programacion-cultural-de- promocion-do-
patrimonio-maritimo-pesqueiro- ao-longo-do-camino-de- santiago-
xacobeo-2022/
Máis Información: semanapesqueira@ fundamar.org
.#OteuXacobeo #Xacobeo2022 #Semanapesqueiranocamiño.

A Feira Franca e os barcos

Os días 2 e 3 de setembro, a cidade de Pontevedra retrocedeu no
tempo, ata a época do Medievo, para celebrar unha nova edición da Feira
Franca e revivir a época do monarca Enrique IV quen, no ano 1497, concedeu
á cidade a autorización para organizar un mercado libre de impostos durante
un mes.
O sábado, día forte da Feira, abriuse o mercado medieval ao tempo que
se realizaron demostracións de oficios tradicionais, obradoiros infantís, torneo
medival, exhibicións de cetrería, esgrima, e unha mostra de embarcacións
tradicionais a cargo das entidades que conforman CULTURMAR.

Esta mostra de CULTURMAR consistiu na colocación na Ponte do Burgo
de 10 embarcacións en seco e 12 embarcacións máis fondeadas e navegando
no río. A mostra estivo instalada ao carón dos restos musealizados do antigo
peirao de Pontevedra e da carpintería de ribeira que instalaron para a ocasión,
na Praza do Peirao, os compañeiros da asociación A Reiboa, de Combarro.

Tanto a mostra en seco como a mostra no río foi visitada por numeroso
público que non deixou pasar a ocasión para sacarse fotos e vídeos,
aproveitando a circunstancia de levar vestimenta medieval e poder posar coas
embarcacións de noutrora, que sobreviven grazas ao traballo dos colectivos de
CULTURMAR.
Mariñeiros de Bouzas, como membro activo de CULTURMAR, participou
na mostra das embarcacións tradicionais da Feira Franca de Pontevedra cunha
embarcación de río, o Carocho ou anguleiro, embarcación propia do tramo final
do río Miño, concretamente da zona de Goián (Galicia) e Vila Nova de Cerveira (Portugal)

Un ano mais en Combarro

Por fin, este ano pudose celebrar a clásica concentración de Combarro que nos acolleu con moita ilusión e moitas ganas de volver a vernos as caras, a ida con vento na proa na costa da vela incomodounos a travesía, pero a navegación dende dentro da ria a rumbo leste permitiunos subir as velas e navegar con soltura.

Xa amarrados no fondeo que nos tiñan preparado, inda que mais incomodo para as tripulacións,  moito mais bonito para a estampa que deixan os barcos diante deste fermoso pobo.

Na clásica “Regata da Pamplina” deste ano volveu a quedar en primer lugar o galeón de Sanxenxo, pero en segundo lugar quedou a dorna de Bouzas “Illa de Toraia” que tendo en conta que o galeón patroneado por Pedro Campos case sempre que participa gaña, pois o segundo posto sabe a primeiro.

A volta o domingo despois de comer topa-monos cunha néboa, que si ven ben deixaba unha fermosa imaxe da illa de Tambo como podedes ver nas fotos, e unha mala, moi mala compañeira para travesía de volta a Bouzas.