Semana cultural

Tal e como anunciamos nunha entrada anterior, os días 15 e 16 de setembro desenvolveuse a navegación nas embarcacións tradicionais da Asociación de Mariñeiros de Bouzas dentro da SEMANA CULTURAL PESQUEIRA NO CAMIÑO, organizada Por FUNDAMAR en colaboración con numerosas entidades, entre elas Mariñeiros de Bouzas.

A navegación incluía una parada fronte a fábrica de conservas e da baleeira de Massó, en Cangas, para coñecer algunhas cousas do mundo da pesca, a salazón e as conserveiras, industrias das que xurdiron a maior parte das vilas e cidades da Galicia costeira, especialmente na Ría de Vigo.

Non hai que esquecer que ao redor deste mundo da pesca e da conserva medraron outros moitos oficios e empresas complementarias, que xeraron numerosos postos de traballo: transporte e comercialización da pesca e das conservas; construción e reparación das redes; construción das embarcacións; fabricación dos envases para a conserva; litografía; obradoiros mecánicos.

Coa chegada do século XX, a pesca e a conserva medran en importancia e constante modernización, ata o punto que Vigo chega converterse no primeiro porto mundial en desembarco de pesca fresca.  

 


Deixa un comentario


Esta web utiliza cookies propias para su correcto funcionamiento. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Más información
Privacidad