O XVI ENCONTRO VAI SER EN SADA

Informamos que, na asemblea xeral extraordinaria do pasado sábado 15 de outubro, foi aprobado por unanimidade o proxecto presentado pola Asociación Mariñeira os Patexeiros para organizar o XVI Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia, que se celebrará na localidade de Sada do 3 ao 6 de agosto de 2023.

Os colectivos federados en Culturmar, reunidos en asemblea o sábado 15 de outubro, decidiron por unanimidade ratificar o proxecto presentado pola Asociación Cultural Mariñeira Os Patexeiros para celebrar a decimosexta edición do Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia no porto de Sada entre os días 3 e 6 de agosto de 2023.

A proposta ven acompañada do apoio unánime da Corporación Municipal sadense e de diversas entidades da vila relacionadas co mar. Na presentación do proxecto Os Patexeiros destacaron as inmellorabeis características da Ria de Sada para a navegación, así como a ligazón histórica da vila coa cultura mariñeira, cuxo máximo exponente foi a frota patexeira que en tempos pasados abonou con este crustáceo os campos de toda a comarca.

Pola súa parte, a Xunta Directiva de Culturmar agradeceu ao colectivo a predisposición a asumir a organización do evento, que volta ás Rías Altas despois de 16 anos; desde que en 2007 a novena edición se celebrara en Ferrol.

 


Deixa un comentario


Esta web utiliza cookies propias para su correcto funcionamiento. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Más información
Privacidad