NOVA TRAVESÍA DE MARIÑEIROS BOUZAS

Na asemblea de Mariñeiros de Bouzas, que tivo lugar o 2 de abril do 2022, correspondía elixir unha nova directiva da asociación. Ao non presentarse ningunha candidatura, acordouse convocar novamente eleccións.

A asemblea na que se elixiu ao novo presidente e xunta directiva foi o 26 de novembro do 2022, téndose presentada xa unha candidatura diferente á que actualmente estába en funcións, polo que Mariñeiros de Bouzas iniciará unha nova travesía guiada polo equipo directivo entrante.

En canto a esta páxina web queremos facer un pequeno percorrido pola súa historia ata a actualidade, xa que a nova directiva marcará o rumbo que debe coller a partir de agora.

Con anterioridade a 2005, a web de Mariñeiros de Bouzas facíase eco das actividades da asociación, traballando con moito esforzo pero con uns medios moi elementais. Foi a partir do ano 2005 cando esta páxina web navegou noutros mares actualizouse en contidos, medios e con un formato novo.

A páxina web de Mariñeiros de Bouzas é un excelente arquivo das actividades desenvolvidas pola asociación nestes último 17 anos. Merece a pena revisar o arquivo do acontecido na nosa asociación e que ano a ano podemos atopar na dereita da portada da web.

En verdade que ollando este arquivo tomamos conciencia de que a nosa asociación é moito máis que un porto deportivo, tanto polo número de actividades organizadas ou nas que ten participado, como polo compromiso da nosa asociación coa pesca e náutica responsable así como co patrimonio marítimo e fluvial de Galicia.

A nosa asociación, como parte de FEDPEMAR (Federación Gallega de Pesca Marítima Responsable y Náutica de Recreo), así como de CULTURMAR-Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial desenvolveu e participou en infinidade de actividades relacionadas co cumprimento dos fins sociais marcados polos Estatutos da nosa Asociación, actividades que como dicíamos anteriormente merecen a pena recordar nesta páxina web.

Agradecer a Mariñeiros Bouzas a singradura compartida ao longo destes anos, permitíndome narrar o devalar desta entidade que xa ten vinte sete anos de existencia e moitas historias que contar.

Moita sorte á nova xunta directiva.

Patente de corso

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *