INICIACIÓN DA NAVEGACIÓN A VELA TRADICIONAL

Tras rematar coas labores de mantemento e posta a punto das nosas embarcacións tradicionais xa as temos todas na auga esperando a comezar a nosa actividade ” INICIACIÓN A NAVEGACIÓN A VELA TRADICIONAL”. Será todos os  mércores a partir de hoxe día 31 de maio as 5 da tarde, sairemos a dar un percorrido pola ría de Vigo no que se darán as primeiras nocións para este tipo de navegación. A actividade está aberta tanto a socios como a quen non o sexa e tan só será necesario contratar un seguro de accidentes para ditas navegacións cun coste de 10 € que se pode facer directamente na oficina da nosa nave. ANIMADEVOS. Desexamos dende aquí agradecer os nosos socios e participantes nas labores de mantemento pola seu extraordinario esforzo e dedicacion que permitíronnos devolver todos os barcos o mar nun tempo record e nunhas condicións inmellorables.

 

DIA DO MEDIO AMBIENTE

 

O próximo día 17 de Xuño a partir das nove da mañan comezaremos co noso clásico día do medio ambiente, actividad que nos últimos anos non se puido realizar por mor da COVID pero que retomaremos con gusto que boa falta fai no noso pantalán e arredores, nesta ocasión os traballos de limpeza comprenderán desde a praia ata o museo do mar, logo faremos unha selección dos residuos e unha pesada para un posterior traballo no que se recollerán os resultados cunha valoración do atopado. ESTADES TODOS CONVIDADOS a participar nesta actividade xunto coa colaboración da cofradía de pescadores de Vigo-Mariña deportiva de bouzas, do Liceo Marítimo de bouzas , Actúa Voluntariado e Abanca.

DE CINE

A nosa nave convertiuse nun plató de cine improvisado no que os rapaces do IES Audiovisual de Vigo fixeron unha serie de filmacións da vida cotiá na nave e das nosas actividades como asociación. Xa temos na auga a dorna ” Illa de Toralla” para poder disfrutar dela na nosa actividad ” iniciación a vela ” que esta a piques de comezar. Tamén xa temos casi listo o novo mástil do galeón ” Coruxo” co que seguro teremos momentos extraordinarios navegando nel.