O sábado Día 17 organizamos o noso tradicional ” DÍA DO MEDIO AMBIENTE” cunha participación de máis de 60 persoas que tanto buceando, en apnea ou por terra fixemos unha limpeza exhaustiva de tanto do fondo como dos pantaláns, dende a “praia do Adro” ata o Museo do mar. Contamos tamén co apoio de embarcacions nosas, así como de protección civil y outros colaboradores pra conseguir retirar do mar máis de 900 kilos de residuos que nunca deberon de rematar alí. Queremos agradecer a todos os participantes pola súa asistencia y esforzo, orgullosos dun traballo ben feito. MOITAS GRACIAS A TODOS.