Arquivo para Agosto 2023

XXVII ENCONTRO EMBARCACIONS DE COMBARRO.

Jueves, 31 Agosto 2023, por admin

O pasado fin de semana asistimos o XXVII encontro de embarcacións tradicionais de Combarro no que ademais do encontro tamén se daba cita a 5ª proba da copa Mörling. A nosa Asociación fixo gala do noso galeón ” Coruxo ” a Dorna  ” A Falucheira ” e a ” madorniña”. Foi un encontro extraordinario no que todo saiu de maravilla e nun ambiente nos que todos puidemos disfrutar do mar e do bo compañerismo que se da nestes encontros. Dende aquí queremos dar a nosa noraboa a ” Asociación  A Reiboa ” pola excelente organización e o bo ambiente que reinou nos tres días que durou o encontro. Xa estamos agardando a que o ano que vén se volva a celebrar para poder participar e disfrutar deste magnífico evento. Moitas gracias por todos.

 

 

XVI ENCONTRO DE EMBARCACIÓNS TRADICIONAIS DE GALICIA

Martes, 8 Agosto 2023, por admin

Máis dun cento de embarcacións de Galicia, así como de outras zonas xeográficas, nos citamos nesta festa cultural que se fai cada dous anos mostrando toda a riqueza do noso patrimonio marítimo e fluvial. Este encontro foi unha gran oportunidade de contemplar nun só porto a numerosa representación de tipoloxías de embarcacións tradicionais galegas e de outros territorios peninsulares e europeos. Foron catro xornadas de navegación e confraternidade entre centos de compañeiros que disfrutamos de bo tempo e excelentes travesías, tamén se impartiron seminarios e conferencias. Tiveron oportunidade de navegar compañeiros discapacitados a bordo do balandro ”  Joaquin Vieta “. Admiramos o porte da Goleta ” Atyla ” que coa sua maxestuosidade acompañounos os catro días do encontro.

A nosa asociación participou coa traiñeira ” VIGO CINCO ” na que unha ducia de membros tuvemos a oportunidad de navegar por toda a preciosa ría na localidade de Sada.

 


Esta web utiliza cookies propias para su correcto funcionamiento. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Más información
Privacidad