Máis dun cento de embarcacións de Galicia, así como de outras zonas xeográficas, nos citamos nesta festa cultural que se fai cada dous anos mostrando toda a riqueza do noso patrimonio marítimo e fluvial. Este encontro foi unha gran oportunidade de contemplar nun só porto a numerosa representación de tipoloxías de embarcacións tradicionais galegas e de outros territorios peninsulares e europeos. Foron catro xornadas de navegación e confraternidade entre centos de compañeiros que disfrutamos de bo tempo e excelentes travesías, tamén se impartiron seminarios e conferencias. Tiveron oportunidade de navegar compañeiros discapacitados a bordo do balandro ” Joaquin Vieta “. Admiramos o porte da Goleta ” Atyla ” que coa sua maxestuosidade acompañounos os catro días do encontro.
A nosa asociación participou coa traiñeira ” VIGO CINCO ” na que unha ducia de membros tuvemos a oportunidad de navegar por toda a preciosa ría na localidade de Sada.