CONCURSO DE PESCA INFANTIL

O sábado dia 16 fixemos o noso tradicional CONCURSO DE PESCA INFANTIL o cal acadou unha cuantiosa participación que despois dunha estupenda tarde de pesca deuse paso no noso local social a entrega de premios de todas as categorias e unha merenda para os máis pequenos para completar unha tarde de diversión. Moitas grazas a todos por participar. 

REGATA CAMPING MIAMI

O pasado sábado 16 de septembro asistimos a esta espectacular regata como ven sendo habitual dende a nosa asociación. Unha magoa que este ano por mor do forte vento e oleaxe que fixo durante todo o día nos se poido celebrar, ainda que sí se fixo un homenaxe a un compañeiro falecido levando as embarcacións a terra na praia para unha izada de velas en conmemoración, facendo un espectaculo digno de ver. Despois, reunimonos todos os participantes na terraza do camping donde se fixeron varios actos de homenaxe, merenda con musica, etc, cos que todos os asistentes quedamos mais que encantados como ven sendo habitual. Dende aquí queremos agradecer a toda a organización polo excelente trato, así como por seguir dando impulso as regatas de dornas.

 

COLABORACION COA UNIVERSIDADE DE VIGO

Onte realizamos una colaboración coa Universidade de Vigo achegando o mar os distintos profesionais da ensinanza, traballadores e estudiantes da Universidade para que puidesen debatir sobre a universidade do futuro. Zarpamos das nosas instalacións e percorremos distintos lugares visitando os puntos mais emblemáticos da nosa ría, ao teminar puidemos disfrutar duns petiscos.   

 

I REGATA ” CABO DE MAR”

O pasado día 9 no nosa asociación celebrouse un dos eventos mais importantes do ano para nos. A ” I Regata Cabo de Mar ” foi un gran éxito na que tanto participantes como asistentes puidemos disfrutar dunha tarde de regatas e irmandade entre participantes na que todo saíu da mellor maneira. Un total de 17 dornas e os seus tripulantes fixemos un percorrido dende a saída en Cabo de Mar ata virar na boia de Bondaña e retorno ata a liña de meta dende onde partimos. Todo transcurriu de forma excelente, incluso o tempo que semellaba que non acompañaria, rematou por sair o sol e presentarse unha tranquila tarde sen choivas. Tras a proba todos nos reunimos no noso local social para a entrega de premios e discursos de personalidades. 

Acompañaronnos tamen Chefa Otero e Charlotte Mörling, viuva e neta de Staffan Mörling a quén está adicada a Copa pola súa gran contribución a navegación tradicional e concretamente o mundo das dornas do que foi gran precursor. Dende aquí, queremos mostrar todo o noso agradecemento a Culturmar por incluirnos por primeira vez neste circuito de regatas, a todos os participantes pola súa presencia e a todos os nosos colaboradores por haber contribuido entre todos a este magnifico evento do que nos sentimos mais que satisfeitos e desexando poder participar nel o próximo ano.