Ao longo do ano a Asociación participa ou organiza numerosas actividades. Para estar ao día destas actividades visite con regularidade a nosa sección de novas.
Cabe destacar entre as accións que se realizan de maneira regular as seguintes:
Xuntanza de Embarcacións Tradicionais de Bouzas
É a actividade máis importante da asociación. Realizase cada dous anos dende 2004 atraendo en cada edición maior número de embarcacións, tripulantes e público. Durante tres días, decenas de embarcacións tradicionais de toda Galicia e do norte de Portugal reúnense en Bouzas para reivindicar de modo festivo a Cultura Marítima.
Durante ese tempo efectúanse navegacións, exposicións, degustacións de menús mariñeiros e actuacións variadas.
Saír a Navegar
Durante os meses de bo tempo (dende finais de maio ata principios de setembro) organízanse saídas de navegación nas nosas embarcacións tradicionais. As saídas realízanse todos os mércores e todo o mundo está invitado. Para participar chega con estar antes das 17:30 na sede da asociación.
Concerto de Corais da Canción Mariñeira
Este concerto, que ten lugar habitualmente a finais de novembro, xa se converteu nun clásico da vida cultural da Vila de Bouzas.
Vénse organizando con regularidade desde 1998 con notable afluencia de público e corais de primeiro nivel. Por motivos de espazo nos últimos anos estase a realizar no Pabellón Polideportivo de Bouzas.
https://images.app.goo.gl/zxUESUaYj7MoGXqRA
Concurso de Pesca desde Embarcación
Outro clásico que se ven celebrando desde o 98. Na edición de 2008 participaron corenta embarcacións e puntuou para o campeonato de pesca de vigo.
Participación en outras Xuntanzas
A asociación participa na medida do posible das xuntanzas que organizan outras organizacións afins en toda Galicia e Portugal. Cabe destacar o Encontr
o de Embarcacións Tradicionais de Galicia que é organizado cada dous anos nunha localidade distinta pola FGCMF e as asociacións do entorno. Nesa mesma liña Mariñeiros de Bouzas ten cedido diversos obxectos e embarcacións para exposicións en seco e outros eventos.
Recuperación de Embarcacións Tradicionais
A conservación das Embarcacións Tradicionais e das técnicas construtivas que as fan posibles é o eixo principal de traballo da asociación.