Actividades 2008

Febreiro e Marzo:

  • 17 de Febreiro. Camiña e Coñece. Colaboración coa Concellería de Cultura e Deportes onde lle mostramos as máis de 400 persoas que acudiron ao acto os barcos que estaban no pantalán de tradicionais e lles falamos do porqué das nosas actividades.
  • 28 de Febreiro a 3 de Marzo. Participamos no Salón Naútico de Vigo levando un bote, unha dorna, catro faluchos, redes e aparatos naúticos. Tivemos unha grande acollida por parte de Televigo, TVG e Tele5. O stand foi visitado e comentado por varias autoridades.
  • 14 de Marzo. Saímos a navegar cos barcos tradicionais para facer una grabación para a tv francesa Francia3 (Talasa cable) enmarcado dentro dunha reportaxe para Brest, tamén grabaron nos locais da asociación e na Escola Obradoiro.

Xuño:

  • 7 de Xuño. Inauguración do Pantalán de Embarcacións Tradicionais. Tras unha longa singladura polas administracións que comezou na primavera do ano 2005, cando se conseguiu rexeitar un proxecto privado que quería ocupar a praia cunha cafetería flotante en un parking para motos acuáticas. Por fin inauguramos o primeiro pantalán de España adicado unicamente as embarcacións tradicionais, tratase dun verdadeiro museo flotante, con vida propia xa que esos barcos saen a navegar, nace ademais cun afán educativo, aportando con elo un grao de area máis a defensa da Cultura Marítima, que e un dos nortes da nosa asociación.
  • 11 de Xuño. Primeira saída “Navegando a vela” dos mércores. Actividade consolidada dende fai varios anos na que participaron persoas moi diversas.
  • 14, 15 de Xuño Participamos no VI Encontro de Vila do Conde (Portugal).
  • 20 de Xuño. Saímos a navegar cos alumnos do centro social Alborada.
  • 22 de Xuño.Celebración do “Galiza en Brest en Bouzas” Na explanada diante da igrexa, cunha gran carpa, tivemos unha exposición xogos para nenos, tamén algún barco en terra e varios no mar. Este evento saíu nun amplo reportaxe o día seguinte na prensa.
  • 29 de Xuño. Participamos no 25 aniversario de San Adrián de Cobres, desprazándonos ata esa Vila, cos nosos barcos, onde navegamos xunto cos anfitrións.

Xullo:

  • 11 ao 17 de Xullo. Brest. participamos na gran Festa do Mar que organizan cada catro anos en Francia, nesta ocasión Galicia foi invitada de honra a participar e a nosa asociación tamén estibo representada, coa Buceta e o Carocho.
  • 19 de Xullo.Organizamos o IV Campionato del Mundo de Faluchos celebrado na praia de Bouzas.
  • 21 de Xullo. Participamos na procesión marítima facendo unha ofrenda floral en memoria dos nosos socios falecidos.
  • 26, 27 de Xullo. Navegación polo Rio Cave en Monforte de Lemos na IV Festa do Rio organizada pola asociación Barcas do Minho, defensora da recuperación dos ríos galegos.

Agosto:

  • 9 de Agosto. Participación no V Encontro de Moaña organizados pola asociación Sueste.
  • 16, 17 de Agosto.Participamos no X Encontro de Embarcacións Tradicionais de Bueu organizado pola veterana asociación Os Galos
  • 23, 24 de Agosto. Navegamos ata Combarro para participar na Festa do Mar organizada pola asociación A Reiboa e patrocinada polo Concello de Poio.

Septiembre:

  • 5 a 7 de Setembro. Organizamos a III Xuntanza de Embarcacións Tradicionais Vila de Bouzas. Empezamos con un temporal que nos fixo traballar, inda mais, pero o final fomos recompensados. Sobre esta xuntanza, poderiamos escribir varias follas, saímos mais dunha dúcia de veces na prensa. Moitos dos reportaxes foron con fotos. Pensamos que foi realmente importante, pero o que queremos destacar, foi o agradecemento das moitas asociacións participantes que na entrega dos diplomas de participación nos agasallaron cun aplauso moi grande.
  • 13 de Setembro.Celebramos o X Concurso de Pesca dende Embarcación en modalidade libre con importantes premios e sorteos entre os participantes. Estivo enmarcado dentro dun campionato onde tamén organizaron concursos o Liceo de Bouzas, … sendo o noso o que acadou unha maior participación. Patrocinou Federación Galega de Pesca, que tamen colaborou na organización, Jesús Betanzos colaborou co primer premio, Celebrouse tamén A Gran Fritada Mariñeira con parte das capturas na que participaron pescadores e familia.

Outubro:

  • 4 a 12 de Outubro. Exposición en seco en Pedras Negras. Levamos o carocho, o bote de ribadeo e A Barola.

Novembro:

  • 23 de Novembro. Celebramos o X Concerto de Corais da Canción Mariñeira.

Esta web utiliza cookies propias para su correcto funcionamiento. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Más información
Privacidad