Actividades 2009

Marzo, Abril e Maio:

  • Preparación e posta a punto das embarcacións tradicionais.
  • 28 de Marzo, excursión cultural a EXPONAV-Ferrol (Exposición Nacional da construción naval). Con especial interes á Sala de Gálibos.
  • 30 de Abril, 1, 2 e 3 de Maio, navegacións especiais por motivo da Regata TALL-SHIPS e exposición dos barcos na dársena da Estación Marítima de Vigo.
  • A partir do primeiro mércores de maio e ata mediados de outubro, realizaranse as navegacións nas nosas embarcacións tradicionais con carácter público.
  • Neste mesmo mes de maio levase a cabo a preparación das novas tripulacións interesadas en aprender a navegación nos nosos barcos tradicionais.

Xuño e Xullo:

  • 7 de Xuño, participación cos barcos no Aniversario da Asociación MARINETEA nas instalacións da ETEA.
  • 12 de Xuño, saída e navegación con colectivos de Centros Sociais ( Centro ALBORADA, ERGUETE, Etc.).
  • 20 e 21 de Xuño, participación nos VII Encontros de Vila do Conde ( Portugal ).
  • 8, 9, 10, 11 e 12 de Xullo, participación no IX Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia.
  • 17 de Xullo, saída co colectivo social ALBORADA
  • 18 de Xullo, Regata do V Campionato do Mundo de Faluchos na praia de Bouzas.
  • 20 de Xullo, participación na procesión marítima da Virxe do Carmen e ofrenda floral a todos os nosos amigos e socios falecidos.
  • 25 e 26 de Xullo, participación en Monforte de Lemos, na V Festa do Río Cave.

Agosto e setembro:

  • 8 e 9 de Agosto, participación en VI Encontro de Embarcacións Tradicionais de Moaña.
  • 22 e 23 de Agosto, participación en XI Encontro de Embarcacións Tradicionais de Bueu.
  • 28, 29 e 30 de Agosto, participación en Encontro de Embarcacións Tradicionais dá Festa do Mar de Combarro.
  • 19 de Setembro, XI Concurso de Pesca desde Embarcación, despois da pesada das capturas levará a cabo a entrega de premios ás diferentes modalidades e seguidamente Rancho Mariñeiro, (Fritura e caldeirada). Animamos a todos os socios a participar nesta gran Festa dá Pesca Deportiva.

Novembro e decembro:

  • 21 de Novembro, XI Encontro de Corais dá Canción Mariñeira
  • Recollida e hibernaxe das embarcacións tradicionais.
  • Nas datas próximas ás festas de Nadal, reunirémonos socios e amigos para degustar un viño e desexarnos boas festas.

Esta web utiliza cookies propias para su correcto funcionamiento. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Más información
Privacidad