Actividades 2010

Febreiro, Marzo, Abril e Maio:

  • Preparación e carenado das embarcacións tradicionais da asociación.
  • 7 Abril. Proxección do vídeo sobre o IX Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia, desenvolvido en Muros do 8 ao 12 de Xullo de 2009. Ao finalizar abrirase un debate e mesa redonda
  • A partir de Maio continuarase coa preparacion de novas tripulacións ( incluido patróns) interesadas en aprender o manexo e a navegación nas nosas embarcacións tradicionais.
  • Todos os mércores que o tempo o permita, dende Maio ata finais de outubro poñemos en marcha as clásicas navegacións nos nosos barcos tradicionais. A asistencia é pública e gratuíta
  • 1 de Maio. Excursión a Fisterra. Dende o pobo iremos camiñando pola ruta dos Druídas ata o Cabo do “Fin do Mundo” ( Finisterre).
  • 15 de Maio as 9:30H. Día do medio ambiente mariño. Este é un día que tentaremos instaurar na asociación coincidindo coa mellor marea do mes de maio. Tratase de limpar a praia e seu entorno (cabos, plástico, anacos de chalanas e madeiras, posicionar un pouco as pedras soltas, …)
  • 17 de Maio. Día das Letras Galegas. I Ruta dos Poetas e Cantares Tradicionais na Ria de Vigo ata o entorno de San Simón e alí no mar ou no peirao de San Adrián recitar unhas poesías e cantos populares.

Xuño e Xullo:

  • 11 de Xuño. Saída e navegación cos colectivos de centros de inclusión social (Alborada, Erguete, …)
  • Xullo. Asistencia e participación nos Encontros de Embarcacións Tradicionais que se organicen ao longo da xeografía galega.
  • 17 de Xullo. Regata do VI Campionato do Mundo de Faluchos na praia de Bouzas.
  • 19 de Xullo. Participación na procesión marítima da Virxe do Carme e ofrenda floral a todos nosos amigos e socios falecidos.
  • 24 e 25 de Xullo. Participación en Monforte de Lemos, na V Festa do Río Cave.

Agosto e Setembro:

  • 7 e 8 de Agosto. Participación nos  VII Encontro de Embarcacións Tradicionais de Moaña.
  • 21 e 22 de Agosto. Participación nos XII Encontro de Embarcacións Tradicionais de Bueu.
  • 27, 28 y 29 de Agosto. Participación nos Encontros de Embarcacións Tradicionais da Festa do Mar de Combarro.
  • 18 de Setembro. XII Concurso de Pesca dende Embarcación. Modalidade libre. Despois da pesada das capturas se levará a cabo a entrega de premios ás diferentes modalidades e seguidamente “Rancho Mariñeiro” (Fritura e caldeirada). Animamos a todos os socios a participar na gran Festa da Pesca Deportiva.

Novembro e decembro:

  • 20 de Novembro. XII Encontro de Corais da Canción Mariñeira.
  • Recollida e invernaxe das embarcacions tradicionais.
  • Como é tradición preto do Nadal reunirémonos socios e amigos para degustar un viño e desexarnos boas festas.

Aviso: O programa de actividades está suxeito a posibles cambios. Recomendamos subscribirse ao blogue para estar ao día.


Esta web utiliza cookies propias para su correcto funcionamiento. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Más información
Privacidad