EMPEZA A TEMPADA !!!!

Desde a Asociación de Mariñeiros Artesanais de Bouzas comprácenos comunicarvos que empeza a tempada 2024 de navegación en embarcacións tradicionais.

Grazas a todos os socios e voluntarios polo duro traballo na preparación, mantemento e posta a punto.

Agora só quédanos gozar delas.

Animarvos a probar esta primitiva maneira de navegar. É unha gran experiencia.!

Recollidas dúas toneladas de lixo dos nosos fondos!

 

          

 Este sábado, de 10,00h a 12,00h, no entorno do porto da Asociación de mariñeiros de Bouzas , do porto deportivo da cofradía de pescadores e na ensenada de Alcabre, cerca de 50 persoas, entre buceadores, persoal de apoio e voluntarios, participamos na recollida de lixo dos nosos fondos mariños.

 Según nos informou Afundación abanca, despois da clasificación e pesaxe dos residuos, chegaron as dúas toneladas de lixo que ensuciababan os nosos fondos mariños.

 Entre todo o lixo retirado, había 25 neumáticos dos que se colocan para os atraques, diferentes aparellos relacionados coa actividade pesqueira, coma cubos, cordas, nasas, redes…

 Tamén recolléronse botellas de prástico, botellas de vidrio, dous móviles, un extintor e outros obxectos de prástico non identificables degradados xa polo mar.

 Dende a nosa asociación queremos concenciar a todo o mundo que hai que coidar a natureza!! Estes pequenos xestos benefician ao medio ambiente e a os nosos ecosistemas, e fomentan a conservación e a sustentebilidade do conxunto das actividades socioeconómicas realizadas no ma

 MOITAS GRAZAS POLA PARTICIPACIÓN DA RECOLLIDA DE LIXO NOS NOSOS FONDOS MARIÑOS!! Grazas dende a Asociación de Mariñeiros de Bouzas ,o Liceo Marítimo de Bouzas, ea Cofradía de pescadores de Vigo-Mariña de Bouzas.

 Vémonos o ano que ven!!!

NOVA DATA PARA A LIMPEZA NOS FONDOS MARIÑOS DE BOUZAS!

 Amig@s temos nova data para a RECOLLIDA DE LIXO NOS FONDOS MARIÑOS DE BOUZAS!!

Anotade na vosa axenda o SÁBADO 11 DE MAIO, de 9,15 a 14,00h.

A natureza necesita a nosa axuda. O mar dános alimento, preciosos atardeceres, grandes días de praia en familia ou con amigos, a posibilidade de practicar numerosos deportes, e un marabilloso fondo mariño no que admirar todas as especies que habitan nos nosos mares. Por todo iso, non podemos faltar a limpeza dá nosa praia. 

 Esperámosvos a todos, vir coa familia, con amigos, tamén podedes vir sós, pero non faltedes á cita.👍