http://La travesía multináutica Bouzas-Rande irrumpe en la Semana Abanca
Amig@s temos nova data para a RECOLLIDA DE LIXO NOS FONDOS MARIÑOS DE BOUZAS!!
Anotade na vosa axenda o SÁBADO 11 DE MAIO, de 9,15 a 14,00h.
A natureza necesita a nosa axuda. O mar dános alimento, preciosos atardeceres, grandes días de praia en familia ou con amigos, a posibilidade de practicar numerosos deportes, e un marabilloso fondo mariño no que admirar todas as especies que habitan nos nosos mares. Por todo iso, non podemos faltar a limpeza dá nosa praia.
Esperámosvos a todos, vir coa familia, con amigos, tamén podedes vir sós, pero non faltedes á cita.👍
Infórmase que debido as inclemencias metereolóxicas previstas para o próximo sábado 27 de Abril queda cancelada a limpeza de lixo nos fondos mariños de bouzas.
Próximamente comunicaremos a nova data do evento.
Moitas grazas pola boa acollida da actividade e esperamos impacientes a chegada do bó tempo para poder organizala.
Previsión metereolóxica, Sábado, 27 Abril.
A Asociación de mariñeiros de Bouzas, grazas a os socios e voluntarios, a os que temos que agradecer enormemente a súa axuda, estamos ultimando os traballos de mantenemento e posta a punto das embarcacións tradicionais para a tempada 2024.
Os seguiremos informando de tódo-los avances.
Dende a asociación animamos aos nosos socios a desfrutar desta navegación sinxela e tradicional.