Concurso de Pesca Infantil

 

O pasado sábado 27 de agosto celebramos  o XI Concurso de Pesca Infantil. Este concurso está orientado a fomentar entre os máis cativos actividades de ocupación do  tempo libre sanas, e tamén para concienciar dun xeito práctico o importante que é respecta-los nosos mares.

A pesca que propuxemos ós máis pequenos e un tipo de pesca responsable e selectiva,  tal como se chama na Federación de Pesca á cal pertencemos (http://fedpemar.es/), e que consiste en explica-la técnica do engado, cómo se ceban os anzois e máis cousas. Tras cada captura, ésta pesábase e despois era devolta o mar.

Ós catro primeiros entregóuselles unha caña de pescar con carrete,  e a tódolos participantes agasallámolos cunha bolsa con artes de pesca, e tamén un libro con datos e consellos sobre a pesca deportiva, escrito polo socio Xoaquín Suárez Davila, do cal mostrámosvos a portada.

Tamén navegamos nos ríos

 

 

Ainda que a páxina mostrase pouca actividade, o certo e que se fai moito mais do que se ve. O pasado fin de semana, dous barcos de Bouzas foron participar nas navegacións do Rio Cabe en Monforte, e outra embarcación formou parte da III Festa das Tradicións Mariñeiras da Guarda. Nótase que gusta máis navegar nos barcos que quitar fotos, porque non temos ningunha imaxe deses eventos, polo que aproveitamos para poñer unhas fotos do pasado encontro, que o lóxico sería dedicarlle moitas máis entradas.

Campionato Mundial de Faluchos 2011

O próximo Sábado 16 de Xullo as 17 horas comezaran as regatas do Campionato Mundial de Faluchos. Serán coma sempre na praia do Adro de Bouzas. As inscricións empezaran a realizarse unha hora antes (as 16:00h) na carpa situada diante do campo de regatas.

A única condición que se require para participar é saber nadar.

Haberá premios para os tres primeiros de cada categoría, animamos a todos os que saiban remar a participar nestas tradicionais regatas.

X Encontro – Carril 2011

 

O X ENCONTRO celebrado os pasados días en Carril, a pesares das moitas dificultades que se atoparon no camiño, non deixou de ser coma sempre  merecedor dos eloxios tanto dos que participaron nel coma das persoas que pasaron por Carril a desfrutar do ver navegar a tantos barcos xuntos. Entre as diversas actividades atopábanse visitas guiadas, ademais de poder contemplar e tocar tanta tipoloxía distinta, e desa maneira dar a coñecer o rico e variado Patrimonio Marítimo. Na primeira foto podedes ver un barco de Bouzas, outro de Coruxo e un de Cataluña, e no enlace seguinte tedes un vídeo cunha moi pequena mostra do que foi o Encontro, cortesía do noso amigo Jordi Salvador.
http://youtu.be/tNI8-OcwWkw

Toda a flota no mar e navegando!

Despois das reparacións e carenado dos barcos, por fin temos toda a flota no mar e navegando. Ahí van unhas fotos dos últimos traballos onde se pode apreciar que dende a quilla á perilla todo foi revisado e repintado, e nalgunha imaxe móstrase o resultado de todo ese esforzo nas sentinas.  Así e como se traballa no sector naval de Bouzas, que xa sabedes que é onde se fan os mellores barcos do mundo.