Arquivo para a categoría ‘Actividades’

Aqui tamén se traballa!

Lunes, 18 abril 2011, por Corso

Xa miramos que alí pola Arousa haiche xente moi traballadora, pero aquí tamén se traballa, mentres os uns fan de carpinteiros de ribeira, os outros dan chapapote, algúns fan chollo de oficina e os demais  levan ós rapaces a facer seu bautismo de mar, coa particularidade de que a metade dos bautizados eran rapaces ingleses, que ainda vivindo nunha illa non navegaran nunca…

gamela-o1-o6-001

 

Proxección de fotos e Charla Coloquio sobre “A Falucheira”

Domingo, 10 abril 2011, por Corso

bot_falucheira07 O xoves 14 de Abril as 20:30, no Salón de actos da Asociación de Veciños de Bouzas está programado facer unha proxección de fotografías sobre a construción da dorna xeiteira “A Falucheira.”

Durante a proxección aproveitarase para facer unha charla coloquio entre o público asistente.

A entrada, coma sempre, é libre.

Preparando a flota para poñer proa a Carril

Lunes, 28 marzo 2011, por Corso
piratas-en-bouzas-007-800x600

Como estamos moi achicados de espazo temos que ir pouco a pouco, pero na chabola xa arrecende a viruta, a minio, a patente, a brea, e tamén, xa están as ferramentas pousadas por onde se poida e coma sempre xa empezaron as mil opinións de fai así ou da outra maneira, notase que todos somos enxeñeiros en cravar puntas, ou en aplicar pinturas os barcos…

Asaltan o pantalán de tradicionais!

Viernes, 4 marzo 2011, por Corso

Unha orda de piratas de dubidosa procedencia asaltou o noso pantalán! Ó coller por sorpresa ós centinelas puideron facerse coas embarcacións que estaban amarradas e cos tesouros que tiñan nas bodegas, fruto das incursión conseguidas nos asaltos ós barcos que pasaron perto das Illas Cíes. O ataque puideron levalo a cabo gracias os encantos das piratas, que como podedes ver nas fotos deixaron abraiados  os sentinelas.

22-02-11-piratas-en-bouzas-015

Os Reis chegaron a Bouzas

Sábado, 8 enero 2011, por Corso
cabalgata2011_1

Como ven sendo tradición ano tras ano, en Bouzas a Asociación de Veciños organizou unha Cabalgata de Reis, e a Asociación de Mariñeiros colaborou no evento participando no desfile. A nosa carroza consistía nun barco armado co seu mastro, simulando a recollida dun aparello con peixes, ainda que faltaron os mariñeiros e tamén algo máis luz para que lucira mellor, tal como podedes apreciar na fotos. A pesares de todo, o tempo concedeunos un respiro e os asistentes puideron disfrutar do desfile e da nosa carroza, que estivo ben bonita.