Arquivo para a categoría ‘Actividades’

Os Reis chegaron a Bouzas

Sábado, 8 enero 2011, por Corso
cabalgata2011_1

Como ven sendo tradición ano tras ano, en Bouzas a Asociación de Veciños organizou unha Cabalgata de Reis, e a Asociación de Mariñeiros colaborou no evento participando no desfile. A nosa carroza consistía nun barco armado co seu mastro, simulando a recollida dun aparello con peixes, ainda que faltaron os mariñeiros e tamén algo máis luz para que lucira mellor, tal como podedes apreciar na fotos. A pesares de todo, o tempo concedeunos un respiro e os asistentes puideron disfrutar do desfile e da nosa carroza, que estivo ben bonita.

Actualizado o programa de actividades para este ano

Martes, 6 abril 2010, por Corso

Acabamos de actualizar a páxina co programa de actividades previsto para este ano que podedes consultar neste enlace.

Tende en conta que o programa esta suxeito a cambios, por falta de xente, tempo adverso, … Seguide este blogue para estar ao tanto das novidades.

Navegación con Alborada

Lunes, 6 julio 2009, por Corso
alborada09-5 O venres 12 de Xuño fixemos unha colaboración coa asociación de loita contra as drogas, Alborada.

Persoas en proceso de rehabilitación acompañados de monitores acudiron a coñecer mellor o mundo da cultura marítima. No pantalán de embarcacións tradicionais démoslles unha pequena charla sobre as distintas tipoloxías de embarcacións que alí se atopan e despois saimos a navegar.

Durante a singradura falámoslles sobre as técnicas de navegación en barcos tradicionais. Podedes ver a continuación algunhas fotos da actividade.

X Concurso de Pesca dende Embarcación

Domingo, 28 septiembre 2008, por Corso

Enmarcadas nas actividades da asociación, como en anos anteriores, celebramos o concurso de pesca desde embarcacións, e noso X concurso de pesca dende embarcación en modalidade libre, con importantes premios e sorteos entre os participantes.

Este ano nos patrocinou a Federación Galega de Pesca, que se encargou de buscar moitos dos trofeos que se repartiron os ganadores do concurso e tamén os premios que se sortearon entre os participantes.

Este ano, como ven sendo habitual, despois da entrega de premios, tamén organizamos A Gran Fritada Mariñeira. Os pescadores donaron unha importante parte da capturas, e con ese peixe fíxose unha cea estupenda na que os participantes eloxiaron a elaboración, e todos disfrútamos dun gran dia para a asociación.

No 2007 tamén navegamos

Domingo, 30 septiembre 2007, por Corso

Lebávamos tempo sen actualizar pero iso non signifique que a asociación non siga a organizar e a participar en actividades. Este vídeo é unha especie de recopilación de sitios onde estivemos ao longo de este ano.