Archivo de la categoría: Embarcacions
Lanchas de relinga en 1920
Véndese o “Santísima Trinidad”
O barco mercante que no 2006 fora acondicionado en Galicia e reacondicionado en Alxeciras para barco de restauración está en venta en Malaga por 1,6 millóns de euros. Este barco pretendía ser unha réplica do magnifico navío do século XVIII, que foi botado en Outubro do 1769 cunha eslora de 213 pés de burgos, e durante moitos anos foi o barco insignia da Flota Española con 136 canóns. Foi dos navios mais grandes a vela ata 1805, ano no que foi afundido na Batalla de Trafalgar.
Barcos na bahía de Setubal
O igual que en Galicia, na Baia de Setúbal situada no sur de Portugal, noutros tempos en que o transporte por carreteira era case que imposible, tamén os barcos xogaron un papel fundamental no transporte de todo tipo de mercadorías. Hoxe algúns destes barcos seguen a navegar nas mans dos amantes das tradicións mariñeiras. Nestas fotos tedes unha moi pequena mostra deses barcos.
O CONSTANTINO CANDEIRA
Estaleiros Catoira de Rianxo acaba de rematar a construción dunha fermosa replica do emblemático pailebote “Constantino Candeira”. Manolo quere deixar claro que non se trata dunha maqueta se non dunha replica a escala. O barco foi encargado para a casa museo permanente de Manuel Antonio que vai ser inaugurada proximamente en Rianxo. A rehabilitación da que fora súa casa na, rúa de Abaixo xa esta lista para dar cabida o material inédito do poeta. O historiador Xosé Luís Anxeito é o encargado de elaborar o proxecto museístico.
O Candeira foi o pailebote no que o gran poeta rianxeiro Manuel Antonio nado en 1900 e finado en 1930, concibiu o famoso poemario “De catro a catro”. Despois de abandonar a carreira de Filosofía e Letras en Santiago de Compostela, estudou Náutica en Vigo, ao acabar fixo as practicas de piloto, nese explendido barco de tres paus.
O veleiro de 300 toneladas foi botado en 1915 polos irmáns Candeira. A súa ruta principal era de Galicia a Levante levando madeira e conservas, e no retorno viña cargado de sal e cemento. A pista do barco pérdese cando, durante a Guerra Civil foi ametrallado á altura de Castellón por avións franquistas. O Museo do Mar de Barcelona ten un xemelgo en activo o “Santa Eulalia”, que se pode visitar e gozar do verdadeiro pracer de andar pola súa cuberta e admirar a enxarcia.