Arquivo para a categoría ‘General’

O sueco da illa de Ons

Domingo, 29 enero 2012, por admin

O venres pasado emitiuse na televisión de Cataluña nos documentais de Thalassa o titulado Staffan Mörling, el suec de l´illa d´Ons. Dura 18´. conten imaxines dos anos 60 e outras gravadas fai pouco, onde tamén sae o pantalan de Embarcacións Tradicionais de Bouzas.

O documental foi realizado por Josep-Antón Trepat

Os reis tamén chegaron a Bouzas

Viernes, 13 enero 2012, por Corso

Os mariñeiros de Bouzas, este ano tamén colaboraron ca cabalgata de Reis montando unha carroza cun barco viquingo, notase nas fotos que se aplica o do multirracial, fixaraos que ai rapaces de outros mares que non son os galegos.

Boas Festas

Sábado, 24 diciembre 2011, por admin

Os Mariñeiros de Bouzas lles desexamos a todolos nosos socios e colaboradores unhas boas festas. Como aperitivo deixámosvos un resumo de 15 minutos do que vai ser o vídeo dos encontros de Carril.

Vaia o noso agradecemento a Ramón Recarei, pola creación do vídeo.

Futuros problemas na pesca recreativa

Miércoles, 7 diciembre 2011, por Corso

A resolución do Parlamento Europeo propón os países membros limitar a pesca recreativa, para mais información pinchar neste enlace.

Concerto de Corais da Canción Mariñeira de 2011

Domingo, 20 noviembre 2011, por admin

O sábado 26 de novembro de 2011 as 20,00 horas celebraremos o noso XIII Concerto de Corais da Canción Mariñeira, este concerto, o igual que a maioría das actividades que organiza nosa asociación son abertas o publico en xeral, polo que estades todos invitados.

cartel_cancion_marinheira2011

O certame celebrarémolo no IES-AUDIOVISUAIS de Bouzas, situado a dereita do Liceo Marítimo de Bouzas. Podedes decargar o programa para ver as corais que participaran, e o repertorio.