Arquivo para a categoría ‘General’
REMATANDO DE PREPARAR A FLOTA PARA SAIR A NAVEGAR
Sábado, 1 mayo 2010Este mes houbo unha gran actividade na sede da asociación debido a preparación dos barcos, algúns xa están no mar casi listos para navegar, so pendentes dos mastros e velas.
A outros pouco lles falta o traballo mais importante nesta varada, o que xa se esta rematando no Carocho, que quedou ca madeira o aire. Leva un traxe novo, como se fora recen saído dun pendello, aquí tedes unha mostra…
Os jábegotes chegan a Bouzas
Sábado, 3 abril 2010
Nunha Barca de Jábega, na súa primeira etapa, remando dende Arcade ata Bouzas, chegaron os primeiros peregrinos en facer parte da Ruta Xacobea por Mar, e recalar na praia do Adro.
Este e o grupo de veteranos Jàbegotes (nome que reciben os remeiros da Barca de Jábega) do malagueño barrio de El Palo de Málaga.
A súa intención, era recorrer a remo o tramo Xacobeo das Rias Baixas dende Arcade ata Padrón, pasando por todas as Rias.
Pero as condicións climatoloxicas impedironllo, polo que tiveron que desprazar a embarcación por terra ata a Ria de Arousa, facendo dende Porto Meloxo no Grove, as etapas finais remontando o Rio Ulla ata Padrón.
Parte do camiño da primeira travesía foron acompañados por Mar por un barco de Mariñeiros de Bouzas, onde foron recibidos pola Xunta, directiva da asociación e tamén pola Cofradia do Cristo dos Aflixidos.
O obxectivo dos remeiros, ademais de gañar o Xubíleo por Mar, e de dar a coñecer esta importante embarcación da costa Malagueña de orixe Fenicio, que a difundiron polo Mediterráneo sendo empleada ata fai poucos anos polos pescadores de toda de Andalucía.
Actualmente e utilizada para novos usos gracias a asociacións como “A Espailla”, que Xunto coa Federación Andaluza pola Recuperación do Patrimonio Marítimo, se preocupan de conservar estas xoias da que noutros tempos eran o sustento de moitas familias.
Proba da importancia que lle deron a estas singraduras, tanto o Concello de Santiago como o Bispado, e o feito de que lle permitiran desprazar a embarcación ata a praza do Obradoiro coma mostra da realización da peregrinación…
O último susto do pesqueiro Alfageme…
Lunes, 22 marzo 2010Fai poucos días, apareceu na prensa que estaba moi escorado e con peligro de quedar ca quilla o sol, pero como podedes ver nas fotos, segue resistindo…
O “Bernardo Alfageme“, buque pesqueiro de arrastre con casco de aceiro remachado, construído en ”Hijos J. Barreras, S.A.” no ano 1944, ten unha eslora de 31 metros e 6 metros de manga.
É propulsado por un motor diesel da marca Deutz con 330 CV de Potencia.
A punto de ir a desguace nos primeiros días do ano 2000, foi nesas datas cando asociacións vinculadas o Patrimonio Maritimo deron a voz de alarma.
O barco estivera faenando ata o ano anterior, polo que a maquinaria estaba en boas condicións
As súas caracteristicas e fasquia, asi como o astaleiro onde fora construído e os caladoiros de pesca onde faenara, facían co barco fora un digno representante da Industria do Naval de Vigo, que tanto presumimos, como do Porto de Vigo, numero un na pesca nacional e dos mais importantes a nivel mundial.
Dende que o Pleno do Concello do de Vigo do 27 de Marzo do 2000, aceptara por unanimidade a doazón do buque, pasando a formar parte do inventario de bens do municipio, parecía que se rachaba a traxectoria de desguazes para conservar algunha embarcación con valor histórico na ría.
Nesas datas uníase a conservación do barco no contexto da creación dun múelle de barcos históricos, xa que Vigo, dende sempre, ocupou un lugar privilexiado en todo o que ten relación co mundo do mar. Na actualidade inda estamos esperando.
Son as asociacións como Mariñeiros de Bouzas, as que defenden e dan pasos concretos na defensa dese Patrimonio Marítimo, posto que con moito traballo e dedicación, na actualidade podedes visitar o único de momento pantalan da península Ibérica dedicado exclusivamente o amarre de Barcos Tradicionais nos que saímos a navegar.
XA EMPEZOU A CAMPAÑA DE CARENADO DOS BARCOS
Martes, 9 marzo 2010Nesta ocasión, empezamos polo carocho, xa que tiña moita pintura saltada da madeira como si non quixera permanecer pegada a ela. Así que decidimos facerlle unha limpeza xeral.
Con moito traballo, rascouse toda a pintura do barco, chegando ata madeira.
Agora solo falta poñernos de acordo no seguinte paso, xa que cada un que pasa pola chabola da unha opinión distinta…

