Arquivo para a categoría ‘General’

Os camiños do mar hacia Compostela

Sábado, 13 agosto 2011, por admin

Despois de coordinarse coa Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial, e cos Mariñeiros de Bouzas, na Semana Santa de 2010, nunha Barca de Jábega, de orixe Fenicio recalaron na praia do Adro de Bouzas os primeiros peregrinos en facer parte da Ruta Marítima Xacobea. Debido ao mal tempo que houbo nesas datas non puideron facer todo o percorrido previsto, pero si conseguiron chegar co barco ata a mesma praza do Obradoiro.

hacia-compostela1

Nos pasados días a II Ruta Marítima do Cabaleiro das Cunchas navegou pola Ría de Vigo, e os barcos de Mariñeiros de Bouzas os acompañamos. Na etapa que recalou na Illa de San Simón, puidemos desfrutar dos moitos encantos que ten a illa, sen esquecernos das páxinas máis amargas da súa historia cando os golpistas de 1936 converten este lugar nunha cárcere.

hacia-compostela2 hacia-compostela3 hacia-compostela4

Tamén navegamos nos ríos

Martes, 2 agosto 2011, por Corso

 

x-encontro2

 

Ainda que a páxina mostrase pouca actividade, o certo e que se fai moito mais do que se ve. O pasado fin de semana, dous barcos de Bouzas foron participar nas navegacións do Rio Cabe en Monforte, e outra embarcación formou parte da III Festa das Tradicións Mariñeiras da Guarda. Nótase que gusta máis navegar nos barcos que quitar fotos, porque non temos ningunha imaxe deses eventos, polo que aproveitamos para poñer unhas fotos do pasado encontro, que o lóxico sería dedicarlle moitas máis entradas.

carril1

X Encontro – Carril 2011

Sábado, 9 julio 2011, por Corso

 

carril-jun-11-347

O X ENCONTRO celebrado os pasados días en Carril, a pesares das moitas dificultades que se atoparon no camiño, non deixou de ser coma sempre  merecedor dos eloxios tanto dos que participaron nel coma das persoas que pasaron por Carril a desfrutar do ver navegar a tantos barcos xuntos. Entre as diversas actividades atopábanse visitas guiadas, ademais de poder contemplar e tocar tanta tipoloxía distinta, e desa maneira dar a coñecer o rico e variado Patrimonio Marítimo. Na primeira foto podedes ver un barco de Bouzas, outro de Coruxo e un de Cataluña, e no enlace seguinte tedes un vídeo cunha moi pequena mostra do que foi o Encontro, cortesía do noso amigo Jordi Salvador.
http://youtu.be/tNI8-OcwWkw

Novas na Normativa de Navegacion

Lunes, 20 junio 2011, por Corso

Acaban de sair no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra as novas normativas de navegación da Capitanía Maritima de Vigo, e trátase dun asunto que os patróns inda que non o practiquen o 100% deben coñecelo. As normas explican cómo, de que maneira e por onde podemos navegar. No enlace seguinte podedes consultar o Boletín onde sae esta normativa en detalle: http://bop.depo.es/html/ga/; so tedes que picar na data do 16 de Xuño deste ano.

balizamento

Toda a flota no mar e navegando!

Miércoles, 25 mayo 2011, por Corso
racu-21

Despois das reparacións e carenado dos barcos, por fin temos toda a flota no mar e navegando. Ahí van unhas fotos dos últimos traballos onde se pode apreciar que dende a quilla á perilla todo foi revisado e repintado, e nalgunha imaxe móstrase o resultado de todo ese esforzo nas sentinas.  Así e como se traballa no sector naval de Bouzas, que xa sabedes que é onde se fan os mellores barcos do mundo.