Arquivo para a categoría ‘General’

Concurso de Pesca e Fritada Mariñeira

Viernes, 16 septiembre 2011, por Corso

 

cartel-concpesca_2011

O vindeiro SÁBADO 24 DE SETEMBRO, nosa asociación organiza o XIII concurso de pesca dende embarcación en modalidade libre. Este concurso esta aberto a todos aqueles que queiran participar e cumpran as normativas, sendo o horario do mesmo o seguinte:

Data: 24 de setembro.

Lugar: pantaláns da asociación.

Hora de saída: a partir das 8 da mañá.

Hora limite de recepción do peixe: as 16,30 no local da asociación.

As inscrición estarán abertas ata o día 23 ás 20 horas no local da asociación. No momento de inscribirse se fará entrega das bases e normas que rexerán o concurso, e a entrega de premios farase a partir das 20 horas. Haberá premios para os 10 primeiros clasificados, para a peza de mais peso, e para o lote de pezas mellor presentado ó xurado; haberá tamén un sorteo de agasallos se a organización consegue doazóns.

E quizais o máis importante será que coma en anos anteriores, coa doazón de parte das pezas capturadas, farase para os participantes no concurso unha fritada mariñeira, e se se pode unha caldeirada,  que degustaremos despois da entrega de trofeos.

Moita sorte a todos os participantes!

 

Concurso de Pesca Infantil

Miércoles, 31 agosto 2011, por Corso

 

pesca4

O pasado sábado 27 de agosto celebramos  o XI Concurso de Pesca Infantil. Este concurso está orientado a fomentar entre os máis cativos actividades de ocupación do  tempo libre sanas, e tamén para concienciar dun xeito práctico o importante que é respecta-los nosos mares.

A pesca que propuxemos ós máis pequenos e un tipo de pesca responsable e selectiva,  tal como se chama na Federación de Pesca á cal pertencemos (http://fedpemar.es/), e que consiste en explica-la técnica do engado, cómo se ceban os anzois e máis cousas. Tras cada captura, ésta pesábase e despois era devolta o mar.

Ós catro primeiros entregóuselles unha caña de pescar con carrete,  e a tódolos participantes agasallámolos cunha bolsa con artes de pesca, e tamén un libro con datos e consellos sobre a pesca deportiva, escrito polo socio Xoaquín Suárez Davila, do cal mostrámosvos a portada.

ccf30082011_00000

Os camiños do mar hacia Compostela

Sábado, 13 agosto 2011, por admin

Despois de coordinarse coa Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial, e cos Mariñeiros de Bouzas, na Semana Santa de 2010, nunha Barca de Jábega, de orixe Fenicio recalaron na praia do Adro de Bouzas os primeiros peregrinos en facer parte da Ruta Marítima Xacobea. Debido ao mal tempo que houbo nesas datas non puideron facer todo o percorrido previsto, pero si conseguiron chegar co barco ata a mesma praza do Obradoiro.

hacia-compostela1

Nos pasados días a II Ruta Marítima do Cabaleiro das Cunchas navegou pola Ría de Vigo, e os barcos de Mariñeiros de Bouzas os acompañamos. Na etapa que recalou na Illa de San Simón, puidemos desfrutar dos moitos encantos que ten a illa, sen esquecernos das páxinas máis amargas da súa historia cando os golpistas de 1936 converten este lugar nunha cárcere.

hacia-compostela2 hacia-compostela3 hacia-compostela4

Tamén navegamos nos ríos

Martes, 2 agosto 2011, por Corso

 

x-encontro2

 

Ainda que a páxina mostrase pouca actividade, o certo e que se fai moito mais do que se ve. O pasado fin de semana, dous barcos de Bouzas foron participar nas navegacións do Rio Cabe en Monforte, e outra embarcación formou parte da III Festa das Tradicións Mariñeiras da Guarda. Nótase que gusta máis navegar nos barcos que quitar fotos, porque non temos ningunha imaxe deses eventos, polo que aproveitamos para poñer unhas fotos do pasado encontro, que o lóxico sería dedicarlle moitas máis entradas.

carril1

X Encontro – Carril 2011

Sábado, 9 julio 2011, por Corso

 

carril-jun-11-347

O X ENCONTRO celebrado os pasados días en Carril, a pesares das moitas dificultades que se atoparon no camiño, non deixou de ser coma sempre  merecedor dos eloxios tanto dos que participaron nel coma das persoas que pasaron por Carril a desfrutar do ver navegar a tantos barcos xuntos. Entre as diversas actividades atopábanse visitas guiadas, ademais de poder contemplar e tocar tanta tipoloxía distinta, e desa maneira dar a coñecer o rico e variado Patrimonio Marítimo. Na primeira foto podedes ver un barco de Bouzas, outro de Coruxo e un de Cataluña, e no enlace seguinte tedes un vídeo cunha moi pequena mostra do que foi o Encontro, cortesía do noso amigo Jordi Salvador.
http://youtu.be/tNI8-OcwWkw