Os nosos Barcos

A asociación dispón das seguintes embarcacións tradicionais:

UN FINAL HONROSO PARA A NOSA EMBLEMÁTICA TRAIÑEIRA

Xa non está con nos a “Vila de Bouzas”. Trátase dunha emblemática traiñeira de madeira de competición, que despois de moitas navegacións participando en Encontros de Barcos Tradicionais, fixo súa ultima singradura por terra ata o Museo Naval de Ferrol.

Vexa máis artigos relacionados coa traiñeira no blog.

 

UNHA DORNA CORDELEIRA

“A Madorniña” é unha dorna de 9 cuartas (4,60 m. de eslora) que foi construída no ano 2000 polo mestre carpinteiro Domingo Ayaso, aparellada cunha vela de relinga. As dornas teñen unha incerta orixe histórica, nembargantes son moi mariñeiras o que lle valeu para pervivir ata hoxe como barco de pesca e marisqueo. É unha embarcación moi abundante nas Rías Baixas, especialmente na Ría de Arousa.

Trátase dunha embarcación de extraordinarias calidades veleiras, cun aparello sinxelo e racional. O casco está formado por cinco anchas táboas por cada costado, montadas a calime. Ten unha quilla fonda e afiada, pantoques case planos. A quilla non recorre toda a eslora do barco, a roda é curve, a proa e recta e acaba nun pinchón. Non ten cadernas propiamente ditas senón unha serie de reforzos en forma de listóns ensamblados. Ten popa de estampa de forma pentagonal, lanzada cara atrás. Chama a atención o reducida que é a popa en relación á manga. A cuberta está formada por dous corredores ao longo dos costados e ten bancos transversais, o de mais a proa leva a enfogonadura para o pau. Tamén ten unha pequena tilla pola proa do pau.

Vexa máis artigos relacionados coa dorna no blog.

 

SEIS FALUCHOS

Os faluchos que actualmente posúe a asociación, son pequenas embarcacións de chapa de 2 metros de eslora, 0,75 m. de manga, 0,30 m. de puntal e un peso aproximado de 22 kg.

Os mariñeiros de Bouzas, antigamente, realizaban estas embarcacións coas chapas dos bidóns. As primeiras referencias orais que atopamos son dos anos 20 do século pasado, cando os armadores e patróns patrocinaban as regatas destas singulares embarcacións, que se usaban para embarcar nos fondeos.

Estas probas realizáronse ata os anos 50, a partir de entón e sen que se saiba o porqué cesaron. No ano 91 a Comisión de Festas de Bouzas decidiu recuperar esta tradición e a Asociación de Mariñeiros de Bouzas é quen se encarga na actualidade de construír replicas dos mesmos e de organizar as diversas regatas, mantendo viva deste xeito esta  tradición tan particular desta vila mariñeira.

Que os nenos chamasen antigamente “faluchos” a estas embarcacións debíase a que os seus pais e avós faenaban nunhas embarcacións que tiñan o mesmo nome e que se utilizaron ata finais do século XIX principios do XX en determinados portos galegos, entre os que se atopaba o de Bouzas.

Estas embarcacións eran orixinarias do mediterráneo e caracterizábanse por dous trazos: levar a vela triangular coñecida como latina e o mastro caído cara a proa (nos barcos tradicionais de pesca de Galicia o mastro caía a popa) Tanto no escudo constitucional da Alcaldía de Bouzas como na actual iluminación das festas desta Vila podemos ver debuxados estes faluchos.

Vexa máis artigos relacionados cos faluchos no blog.

 

UNHA BUCETA

“A Fanequeira” de 6 metros de eslora, construída no ano 2002 nos estaleiros Hermanos Abeijon, no Freixo, esta armada cunha vela mística, as bucetas se utilizaban en moitas zonas da costa galega, pero e na Ria de Muros e Noia, onde sempre tiveron a maior representación, súa actividade era moi versátil, destacando a pesca da liña de especies como a faneca, o abadexo ou o congro e tamén o marisqueo.

Trátase dunha embarcación de extremos case simétricos sendo a proa máis elevada e lanzada. Non ten cubertas nin corredores, tan so unha pequena tilla a proa e popa. Ten tres bancos transversais que serven de reforzo, e utilízanse para remar. Ademais conta cunha manga pequena en relación á súa eslora o que fai que o seu casco sexa estreito e alongado, moi apto para o remo.

Vexa máis artigos relacionados coa buceta no blog.

 

UN RACÚ

“A Oleira” o noso buque insignia, é un racú de case 8 metros de eslora, armado con tres velas, foque, trinqueta e cangrexa. Os racús son unha evolución da traiñeira e da lancha xeiteira galega que adoitan ter unha eslora de entre 5 e 10 metros. A súa zona de influencia máis notable, son as Rías Baixas.

Nos primeiros tempos, navegaban con remos de palote e vela de martelo-mística e relingas tipo dorna, aínda que máis tarde foron equipados con motor, o que obrigou a introducir algunhas modificacións na estrutura. Aínda así, debido aos constantes fallos de funcionamento dos motores, seguíronse empregando as velas ata os anos 60. Posteriormente estas embarcacións, deron paso ao que se chamaría as Motoras de Bouzas.

O tipo de construción era de banceado a tope con cadernas mestras en U en progresión a V, moi picada a proa, o que lle presenta unhas amuras máis cóncavas, cunha proa case vertical que na súa evolución tendeu a un lixeiro lanzamento. A cuberta e a popa son cerradas, sendo a característica que mellor o define a súa popa redonda.

Vexa máis artigos relacionados cos racus no blog.

 

UNHA GAMELA CORUXEIRA

” A Marosa” foi construída no ano 1983 polo Sr. Juan de Coruxo. Nos seus primeiros tempos foi utilizada para a pesca profesional e máis tarde para pesca deportiva. No la doaron no ano 2005, e despois dunha reparación a fondo, fixemos seu abandeiramento o 1 de xullo do 2006 durante os nosos II Encontros de Embarcacións Tradicionais. As madeiras empregadas para a recuperación, foron piñeiro do país para as estampas, corredores, asentos e regalas, e carballo para as varengas e cadernas.

A gamela coruxeira era a embarcación de artes menores mais estendida na Ria de Vigo,  desprazanbanse a remo e a vela trapezoidal o terzo ou mística, dedicándose principalmente o traballo con liña,  tamén faenaban con aparellos e nasas

As características que mellor definen á gamela son o seu fondo case plano, o cal presenta unha pequena curvatura que lle proporciona arrufo, e a súa forma rectangular ou de dúas popas. A proa esta formada por unha estampa de forma trapezoidal mais estreita e lanzada ca popa. Ten dúas pequenas cubertas a proa e popa e corredores laterais por cada costado, así como bancos transversais que serven como reforzo construtivo.

Vexa máis artigos relacionados coa gamela no blog.

 

UN CAROCHO

“O Anguleiro” ten 6 metros de eslora e 1,5 metros de manga, arma unha vela baixa de formato moi peculiar, sendo a verga moi grande e bastante inclinada estando suspendida directamente pola driza.
A historia deste barco utilizado principalmente para a pesca e o transporte de bens e persoas, coa morfoloxía dun barco alongado, de casco trincado semellante ás costas dun insecto, daí ven o seu nome,  rápido e de grande maniobrabilidade,

O carocho e a embarcación mais característica do río Miño. Na orilla galega tamén e coñecido como bote anguleiro,  froito dunha evolución y dun proceso de mestizaxe constructiva marcado polas técnicas de orixe nórdica. A difusión desta tecnoloxía atribuíse aos vikingos e normandos a cal viña a cruzarse no noroeste peninsular con elementos de orixe mediterránea.

E o carocho unha reliquia do patrimonio etno-fluvial míniense, xurde nun contexto sólido e eficaz como medio de navegación, e un singular icono hereditario a preservar, tanto mais que a súa existencia esta hoxe en perigo, ameazado polas mudanzas de xénero de vida, a historia do carocho nos últimos tempos é unha historia de decadencia e ata con perigro de extinción.

Vexa máis artigos relacionados cos carochos no blog.

 

UN BOTE DE RIBADEO

“O Peixiño” de 5 metros de eslora foi construído no ano 2008 na carpintería de ribeira de Sr. Claudio de San Adrián de Cobres. O botes de Ribadeo, como embarcación de traballo, foron moi abundantes na ria da cal levan o nome, nos últimos anos o ser moi apreciada súa fasquia  tanto asociacións como particulares, os manteñen vivos dándolle novos usos.

Os botes de Ribadeo manteñen semellantes as características estruturais dende ai oito décadas, as esloras destos botes andan entre os 4,80 e os 6 metros, levan unha cuberta na proa, e non teñen corredores, chama a atención os empanetados de cadrados simétricos que dende a metade da eslora se prolongan ata a popa e acaban formado unha pequena tilla na popa cas mesmas formas, tamén destaca a estampa de popa de forma oval (de corazón).

Vexa máis artigos relacionados cos botes no blog.

 

UNHA DORNA NASEIRA

“A Carlota” e unha dorna de 4,65 m. de eslora, que foi construída no ano 1971 polo mestre carpinteiro Manuel Costas Gómez (da Illa de Arousa),  esta aparellada cunha vela de relinga. As dornas teñen unha incerta orixe histórica, nembargantes son moi mariñeiras o que lle valeu para pervivir ata hoxe como barco de pesca e marisqueo. E unha embarcación moi abundante nas Rias Baixas, especialmente na Ria de Arousa.

Trátase dunha embarcación de extraordinarias calidades veleiras, cun aparello sinxelo e racional. O casco está formado por cinco anchas táboas por cada costado, montadas a calime. Ten unha quilla fonda e afiada, pantoques case planos. A quilla non recorre toda a eslora do barco, a roda é curve, a proa e recta e acaba nun pinchón. Non ten cadernas propiamente ditas senón unha serie de reforzos en forma de listóns ensamblados. Ten popa de estampa de forma pentagonal, lanzada cara atrás. Chama a atención o reducida que é a popa en relación á manga. A cuberta está formada por dous corredores ao longo dos costados e ten bancos transversais, o de mais a proa leva a enfogonadura para o pau. Tamén ten unha pequena tilla pola proa do pau.

Vexa máis artigos relacionados coa dorna no blog.

 

UNHA DORNA XEITEIRA

“A Falucheira” e unha dorna de 7,49 metros de eslora que foi construída no ano 2008 polo extraordinario mestre carpinteiro Domingo Ayaso, esta aparellada cunha vela de relinga, e unha ledicia navegar na Falucheira, destacando súa rapidez e súa navegación de bolina que permite ángulos tan pechados como nos modernos iates de deseño.

As xeiteiras son as dornas de maior eslora. Construíanse fundamentalmente para a pesca da sardiña co arte do xeito. Trátase dunha embarcación de extraordinarias calidades veleiras, cun aparello sinxelo e racional. O casco está formado por cinco anchas táboas por cada costado, montadas a calime. Ten unha quilla fonda e afiada, pantoques case planos. A quilla non recorre toda a eslora do barco e a roda é curve e acaba nun pinchón. Non ten cadernas propiamente ditas senón unha serie de reforzos en forma de listóns ensamblados. Ten popa de estampa de forma pentagonal, lanzada cara atrás. Chama a atención o reducida que é a popa en relación á manga. A cuberta está formada por dous corredores ao longo dos costados e ten bancos transversais, o de mais a proa leva a enfogonadura para o pau. Tamén ten unha pequena tilla pola proa do pau.

Vexa máis artigos relacionados coa dorna no blog.