A pesar do día tan desapacible que se presentou na tarde do sábado, a afluencia de público a o noso decimoprimeiro concurso de corais, foi todo un éxito.
O certamen estivo moi concurrido, as corales estiveron realmente magníficas. Nenbargantes, o máis aplaudido, foron as duas últimas interpretacións, feitas coas tres corales o unísono.
O final do acto, compartimos uns petiscos con moi boa sintonía.
Xa é un clásico
Corais 2009
O vindeiro sábado, celebraremos noso XI Concerto de Corais da Canción Mariñeira.
Dende aqui, animamos a todos socios e persoas en xeral, a acudir a este Festival, que xa e un clasico na Vila de Bouzas.
Podedes ver no programa, as corais que participaran, e tamen o lugar e a hora…
Seguindo a tradición
No próximo ano, xa teremos navegando un novo barco na flota de mariñeiros de Bouzas. Trátase do barco tradicional que mellor representa a Galicia Mariñeira: o barco no que moitos galegos se gañaban a vida. Nesta caso, falamos dunha Dorna Xeiteira de mais de 7 metros de eslora.
A súa construción, confiámola ao mestre carpinteiro Domingo Ayaso.
Eiquí van unhas fotos do seguimento da sua construción…
Noso Concurso de Pesca
Paso a paso, este xa e noso XI concurso de pesca. Este ano, celebrámolo o sábado 19 de setembro.
A pesar de coincidir con un día moi desapracible nas primeiras horas, saíron a participar un bo numero de embarcacións.
Tamén nesta ocasión noso principal patrocinador foi a Federación Galega de Pesca Responsable. Jesus Betanzos, como todos os anos, patrocinou un dos premios, e nosa asociación, foi a encargada da donación do primer premio.
Durante todo o día xa se percibia o ambiente. Durante a pesada, habia unha gran expetación, pero foi a noite, cando se empezou a probar o pulpo, despois a fritada acompañada dunha caldeirade de peixe, donde se notou o ambiente de camaraderia.
Festas de Cabo de Cruz
Participando nas Festas de Cabo de Cruz,
que ao igual que outros pobos mariñeiros, cada vez se involucran mais na defensa da Cultura Maritima.

