2 Noviembre 2009. Categoría: General
No próximo ano, xa teremos navegando un novo barco na flota de mariñeiros de Bouzas. Trátase do barco tradicional que mellor representa a Galicia Mariñeira: o barco no que moitos galegos se gañaban a vida. Nesta caso, falamos dunha Dorna Xeiteira de mais de 7 metros de eslora.
A súa construción, confiámola ao mestre carpinteiro Domingo Ayaso.
Eiquí van unhas fotos do seguimento da sua construción…
Sen comentarios
5 Octubre 2009. Categoría: General
Paso a paso, este xa e noso XI concurso de pesca. Este ano, celebrámolo o sábado 19 de setembro.
A pesar de coincidir con un día moi desapracible nas primeiras horas, saíron a participar un bo numero de embarcacións.
Tamén nesta ocasión noso principal patrocinador foi a Federación Galega de Pesca Responsable. Jesus Betanzos, como todos os anos, patrocinou un dos premios, e nosa asociación, foi a encargada da donación do primer premio.
Durante todo o día xa se percibia o ambiente. Durante a pesada, habia unha gran expetación, pero foi a noite, cando se empezou a probar o pulpo, despois a fritada acompañada dunha caldeirade de peixe, donde se notou o ambiente de camaraderia.
2 Comentarios
29 Septiembre 2009. Categoría: General
Participando nas Festas de Cabo de Cruz,
que ao igual que outros pobos mariñeiros, cada vez se involucran mais na defensa da Cultura Maritima.
1 Comentario
23 Septiembre 2009. Categoría: General
Coma sempre, este ano tamén estibemos navegando polos mares da fermosa vila mariñeira de Moaña. A asociación Sueste organizou un ano mais seu Encontro de Barcos Tradicionais, e os Mariñeiros de Bouzas non podían faltar.
Sen comentarios
17 Septiembre 2009. Categoría: General Etiquetas: procesión
Un ano mais, nosa asociación, na procesión do Carmen tan singular que organizamos en Bouzas, fixo unha ofrenda floral.
A pesar de coincidir ca marea baixa, estivo moi animada, tanto por terra como polo Mar.
Este ano, moitas persoas aproveitaron a ocasión, para embarcar e honrar os seus falecidos dende o mar.
Quedades invitados para o próximo ano.
Sen comentarios