17 Agosto 2009. Categoría: General Etiquetas: chano rodriguez
Todo un exemplo de superación, Chano Rodríguez conseguiuno, nadou 24 millas nunha singladura estando sin saír do mar máis de 24 horas, que grande eres Chano.
Sen comentarios
10 Agosto 2009. Categoría: General Etiquetas: a guarda, faluchos
Do 17 ao 26 de xullo celebrouse na Guarda a 1ª Mostra das tradicións Mariñeiras organizado pola asociación de redeiras da guarda, e o concello, contando coa colaboración da FGCMF e outras entidades
Os faluchos de Bouzas xa recorreron unha boa parte da xeografía galega, polo norte chegaron ata Ferrol e polo Sur nesta ocasión chegaron a Fronteira con Portugal, a saber donde chegaran nas seguintes navegacións.
Sen comentarios
6 Agosto 2009. Categoría: General
Enmarcado dentro das festas de Bouzas, o pasado 18 de xullo celebramos o Campionato Mundial de Faluchos do ano 2009.
Este ano a pesar do inconveniente da marea baixa, estivo moi concorrido, e houbo unha grande participación, especialmente na proba de adultos, inda que coma sempre a proba que levanta máis espectación é a de veteranos, onde participa o campión do mundos de faluchos, que este ano quedou en segundo lugar.
Sen comentarios
31 Julio 2009. Categoría: General
Os mariñeiros de Bouzas, tamén estiveron en Muros, onde todos os defensores da Cultura Maritima quedaron abraiados tanto polos barcos, polas navegacións, como polo importantes das Xornadas, e sobor de todo, pola implicación dos Muradans que tan ben tiñan engalanado o xa de por si fermoso pobo mariñeiro.
Nosa asociación desplazou catro embarcacións, A Oleira, que foi navegando, e A Fanaqueira, A Marosa, e A Madorniña, que acudiron por terra. Poderiamos falar moito de Muros e poñer moitas fotos, pero vos remitimos a páxina da FGCMF.
Coma mostra nosa gamela coruxeira, toda esbelta navegando na ria de Muros
Sen comentarios