Nosa dorna xeiteria

A Falucheira non lle ten medo a chuvia e xa esta no mar esperando pola tripulación para facer novas travesías.

Falucheira


Sen comentarios

O Coruxo xa pasou polo varadoiro

Este ano tocoulle maquillaxe no casco, e reparación na sala de maquinas. Xa esta preparado para a campaña de ir a as illas a mercar sardiña os mariñeiros do xeito e traela para sua venta nas fabricas, tal como se facía na primeira metade do pasado século.


1 Comentario

Proxecto de innovación educativa C.I.P. Seis do Nadal

Enmarcado nos programas internacionais nos que participan 847 alumnos de 17 colexios e institutos de Galicia.  Ao colexio Seis do Nadal que participa no proxecto de innovación educativa “cine en curso”, parecéronlles interesantes nosas actividades relacionadas cos oficios do mar é que representan, as tradicións da vida mariñeira na Vila de Bouzas,  asi que fixéronnos unha sesión de fotografías de “retratos e oficios”, nas sesións colabora o fotografo profesional José Caruncho, quen con moito agarimo ensinaba os rapaces as técnicas da fotografía.  A prensa tamén comentou estas xornadas.

http://www.farodevigo.es/sociedad-cultura/2014/04/21/trabajos-escolares-cine-fotografia-cgai/1008592.html

 


1 Comentario

O Anguleiro, quedou coma do trinque

Noso carocho de 6 metros de eslora, xa esta listo para navegar polos mares do mundo, non en balde xa estivo navegando nos Mares da Bretaña. Esta reliquia do patrimonio etno-fluvial, é a embarcación mais característica da parte baixa do Rio Miño, onde nas terras galegas coñecese coma bote anguleiro.


Sen comentarios

O Ferreiro da Brincadeira fainos un áncora Almirantazgo

Noso ferreiro e navegante David, o mosense estudante de arte, montou un ano mais sua forxa tradicional na festa da Brincadeira de Bouzas, que xa sabedes que foi na casa do alcalde desta Vila onde se fixeron as reunións para planificar a expulsión dos Franceses de Vigo.

Aproveitando o dia de traballo, é ca colaboración de Carlos, que tamén navega con nos  fíxonos un áncora Almirantazgo, traballo que lle tiñamos encargado para fondear os nosos barcos nas futuras singraduras.


1 Comentario


Esta web utiliza cookies propias para su correcto funcionamiento. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Más información
Privacidad