Aqui tamén se traballa!

Xa miramos que alí pola Arousa haiche xente moi traballadora, pero aquí tamén se traballa, mentres os uns fan de carpinteiros de ribeira, os outros dan chapapote, algúns fan chollo de oficina e os demais  levan ós rapaces a facer seu bautismo de mar, coa particularidade de que a metade dos bautizados eran rapaces ingleses, que ainda vivindo nunha illa non navegaran nunca…

gamela-o1-o6-001

 


Sen comentarios

Proxección de fotos e Charla Coloquio sobre “A Falucheira”

bot_falucheira07 O xoves 14 de Abril as 20:30, no Salón de actos da Asociación de Veciños de Bouzas está programado facer unha proxección de fotografías sobre a construción da dorna xeiteira “A Falucheira.”

Durante a proxección aproveitarase para facer unha charla coloquio entre o público asistente.

A entrada, coma sempre, é libre.


1 Comentario

Convocatoria de Asemblea

Estimados asociados de Mariñeiros Bouzas, recordámosvos que tal como di na convocatoria que se vos mandou por escrito, o vindeiro venres día 08 de Abril as 19 horas en primeira e as 19,30 horas en segunda, celebraremos no salón de actos do IES de Audiovisuais (o lado do Liceo de Bouzas) a Asemblea Xeral Extraordinaria.

Pregamos a todos a vosa asistencia.

A Xunta Directiva


Sen comentarios

Preparando a flota para poñer proa a Carril

piratas-en-bouzas-007-800x600

Como estamos moi achicados de espazo temos que ir pouco a pouco, pero na chabola xa arrecende a viruta, a minio, a patente, a brea, e tamén, xa están as ferramentas pousadas por onde se poida e coma sempre xa empezaron as mil opinións de fai así ou da outra maneira, notase que todos somos enxeñeiros en cravar puntas, ou en aplicar pinturas os barcos…


1 Comentario

Véndese o “Santísima Trinidad”

santisima-trinidad-1

O barco mercante que no 2006 fora acondicionado en Galicia e  reacondicionado en Alxeciras para barco de restauración está en venta en Malaga por 1,6 millóns de euros. Este barco pretendía ser unha réplica do magnifico navío do século XVIII, que foi botado en Outubro do 1769 cunha eslora de 213 pés de burgos, e durante moitos anos foi o barco insignia da Flota Española con 136 canóns. Foi dos navios mais grandes a vela ata 1805, ano no que foi afundido na Batalla de Trafalgar.

santisima-trinidad-2

Sen comentarios