Historias de vida

Outro ano mais, os Mariñeiros de Bouzas colaboran ca Biblioteca Vivente organizada por Xandobela no Verbun de Vigo. Unha biblioteca na que os libros son persoas. Persoas con singulares historias de vida ou que posúen determinados coñecementos e que difunden a súa experiencia a través da interacción. A Xandovela segue a parecerlle interesante a achega de socios nosos (mariñeiros) con autenticas historia de vida.

 

 


Sen comentarios

Xa temos un barco listo

Despois de pasar por noso pendello, a “Praia da Fontaiña” xa esta lista para navegar, fixaros como luce o chapapote recen lustrado.


Sen comentarios

O mar como medio de transporte

No ano 1.918 foi botado o mar o pailebote de tres paus “Santa Eulalia” de 34 metros de eslora, xemelo do “Constantino Candeira” o barco onde Manuel Antonio concibiu o poemario de catro a catro. Naqueles tempos os portos galegos estaban cheos de pailebotes, pataches, trincados e galeóns eran nosos barcos de transporte.

Nestes intres esta navegando a 20 nudos fronte as Illas Cíes o porta-container “Edith Maersk” este Barco feito en Dinamarca no ano 2007 ten 398 metros de eslora e 56 metros de manga,  pode levar 13.500 contairners e para desprazar esa mole leva un motor wärtsilä de 108.800CV, e dos motores mais grandes do mundo e tamén foi fabricado en Dinamarca, onde antes tamén facían pataches.



Sen comentarios

Un regalo pra os ollos

Na Ria e Vigo, en Bouzas, non resulta difícil ver velas vellas empuxando a barcos vellos. Noutras xornadas tamén e doado ver barcos de ultima xeneración. Nas fotos o “Deep Orint” facendo probas. Tratase dun Offshore de 135 metros de eslora construído nos Asteleiros de Vigo para unha Armadora Francesa. A enorme grua de 250 toneladas, pode traballar con pesos a 3000 metros de profundidade. E nos queren quitar os estaleiros.


Sen comentarios

As gamelas coruxeiras navegan po las rúas de Bouzas

Na tarde de Reis a Gamela Praia da Fontaiña paseou po las rúas de Bouzas, os nenos e os pais quedaban abraiados vendo o barco mais representativo da nosa Ria participando na Cabalgata de Reis. Agradecemos a Millo Corvo o reportaxe.


Sen comentarios


Esta web utiliza cookies propias para su correcto funcionamiento. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Más información
Privacidad